Saltar ao contido

Lina Wertmüller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLina Wertmüller

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Arcangela Felice Assunta Wertmüller von Elgg Spañol von Braueich Editar o valor en Wikidata
14 de agosto de 1928 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine e guión cinematográfico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, realizadora, letrista, directora de cinema, dramaturga Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
19891989 Cannes Film Festival (en) Traducir
19731973 Cannes Film Festival (en) Traducir
19721972 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEnrico Job Editar o valor en Wikidata
FillosZulima Editar o valor en Wikidata
ParentesMassimo Wertmüller, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLina Wertmüller, Italian Director of Provocative Films, Dies at 93 (en) Traducir
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina weblinawertmuller.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0921631 Allocine: 11463 Rottentomatoes: celebrity/770912507 Allmovie: p116446
BNE: XX1031969 Musicbrainz: e1104ed2-9500-483b-888b-7b61cd9c9dc2 Discogs: 881728 Deezer: 499952 Editar o valor en Wikidata

Arcangela Felice Assunta Wertmüller von Elgg Spanol von Braueich, nada en Roma o 14 de agosto de 1928 e finada na mesma cidade o 9 de decembro de 2021,[1] foi unha directora de cinema e guionista italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia aristocrática suíza, comezou a súa carreira como actriz. En 1962 traballou como axudante de dirección no filme de Federico Fellini . O ano seguinte debutou na dirección con I Basilischi, filme cun tema principal (a vida das xentes do sur de Italia) que foi recorrente nos seus traballos posteriores.

A este filme seguírono outros que tamén tiveron certo éxito, mais non foi ata 1972 cando Wertmüller recibiu o recoñecemento internacional cunha serie de catro filmes protagonizados por Giancarlo Giannini. O último foi Pasqualino Settebellezze (1976), que recibiu catro candidaturas aos premios Oscar e foi un éxito internacional. Con este filme, Wertmüller pasou á historia por ser a primeira muller en ter unha candidatura ao Oscar á mellor dirección.[2]

A pesar de seguir tendo unha carreira prolífica dende entón, ningún dos seus filmes posteriores logrou tanta repercusión como estes catro con Giannini.

Política

[editar | editar a fonte]

En xeral, os filmes de Wertmüller reflicten os seus propios compromisos políticos, sendo os seus principais protagonistas ou ben anarquistas ou ben feministas (ou ambos), e a acción principal céntrase en conflitos de natureza política ou socio-económica. A pesar diso, os filmes de Wertmüller raramente son didácticos, e adoitan reflectir as súas propias sensibilidades iconoclastas. En Travolti da un insolito destino nell'azzurro mare d'agosto (1974), por exemplo, conta a historia da dona dun rico industrial que só se sente realizada logo de ser «dominada» por un mariñeiro comunista.

Filmografía

[editar | editar a fonte]