Leyton House Racing
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Nome completo | Leyton House Formula One Racing Team |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Bicester, Reino Unido |
Tempadas en activo | 2 (1991-1992) |
Número de pilotos | Maurício Gugelmin Ivan Capelli Karl Wendlinger |
Debut | Gran Premio dos Estados Unidos de 1990 |
Carreiras | 32 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 (mellor resultado: 2º, Gran Premio de Francia de 1990) |
Pole positions | 0 (mellor posición na grella: 7º, Gran Premio de Francia de 1990 e Gran Premio de Portugal de 1991) |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Australia de 1991 |
Leyton House Racing foi un construtor de Fórmula Un que correu nas tempadas de 1990 e 1991. Era, en esencia, a nova imaxe do equipo March que volveu á F1 na tempada 1987. Leyton House, unha empresa inmobiliaria xaponesa, foi o patrocinador da marca do equipo desde ese ano, e pasou a comprar o equipo en 1989. Os pilotos Ivan Capelli e Maurício Gugelmin, que pilotaran para o equipo March de 1987 a 1989, continuaron co equipo baixo a súa nova forma.
Tempada de 1990
[editar | editar a fonte]1990 resultou ser un desastre desde o principio. O chasis Leyton House CG901 non era fiable e durante as seis primeiras carreiras da tempada, o equipo non puido anotar un só punto e non lograron cualificarse en numerosas ocasións; tanto Gugelmin como Capelli non cualificaron para os grandes premios brasileiro e mexicano (Gugelmin tampouco puido cualificar para as carreiras de Mónaco e o Canadá). Con todo na carreira logo da catástrofe de México, o Gran Premio de Francia os dous coches non só cualificaron, senón que marcharon primeiro e segundo por un período ata que o motor de Gugelmin explotou. De feito Capelli liderou a maior parte do resto da carreira, antes de ser adiantado polo eventual gañador Alain Prost. Capelli terminou en segundo lugar, os seus únicos puntos e o único podio do equipo da tempada. Gugelmin anotou os seus únicos puntos da tempada (e o último da súa carreira na Fórmula 1) no Gran Premio de Bélxica de 1990, deixando a Capelli no odiado 7º lugar.
Fóra da pista, o director xerente Ian Phillips contraeu meninxite e deixou o seu posto tralo Gran Premio do Brasil. O director do equipo Harry Mandel tamén renunciou e o director técnico Adrian Newey foi despedido. Outros enxeñeiros, traídos de March Engineering, tamén marcharon ese ano.
O equipo orixinalmente terminou 7º no Campionato de Construtores, pero máis tarde foi promovido ao 6º porque Larrousse (irregularmente) utilizou chasis Lola.
Tempada 1991
[editar | editar a fonte]Leyton House cambiou motores para o ano 1991, abandonando o motor Judd V8 en favor do novo motor Ilmor V10, esperando que o novo equipo e as novas caras na xestión traduciranse en éxito na pista. Demostrouse exactamente o contrario, Capelli retirouse nos primeiros nove grandes premios da tempada antes de lograr o primeiro e único punto do equipo ao terminar sexto no Gran Premio de Hungría. O mellor resultado de toda a tempada de Gugelmin foi o 7º, que logrou tres veces: en Francia, Portugal e España.
En setembro de 1991, o propietario do equipo Akira Akagi viuse envolto nun escándalo financeiro que implicaba ao Banco Fuji e foi arrestado. O equipo foi dirixido por Akagi asociado a Ken Marrable pero o diñeiro era escaso e os coches seguiron loitando para terminar as carreiras.
Con dúas carreiras restantes na tempada, Capelli renunciou ao seu cargo para dar paso a piloto de probas Karl Wendlinger que, como Michael Schumacher a principios de tempada, entrou na F1 nun acordo de baixo perfil realizado por Jochen Neerpasch de Mercedes, para cuxo equipo Sauber - Mercedes de coches deportivos pilotaba no momento.
Capelli asinou por Ferrari para a tempada 1992 e Gugelmin marchou para Jordan.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]O equipo foi vendido a un consorcio que incluía a Marrable, ao ex director técnico Gustav Brunner e outros. Anunciouse que o equipo continuaría na Fórmula Un, pero que volvería ao nome March F1 para o ano 1992, talvez co obxectivo de distanciarse da polémica en torno a Akagi e a súa compañía Leyton House. Wendlinger acordou permanecer como piloto a tempo completo e uníuselle Paul Belmondo. Mentres que o equipo March F1 correu toda a tempada de 1992, ningún destes pilotos completaron a tempada xa que tanto Belmondo como Wendlinger abandonaron cando quedaban cinco e dúas carreiras respectivamente. Foron substituídos por Emanuele Naspetti e Jan Lammers.
Os intentos de vender o equipo logo da tempada e fracasaron malia asinar Lammers e Jean-Marc Gounon para pilotar na tempada 1993 de Fórmula Un, os cartos esgotáronse e o equipo pechou a principios de 1993.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | CG901 | Judd EV 3.5 V8 | G | USA | BRA | SMR | MON | CAN | MEX | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 7 | 7º | ||
15 | Maurício Gugelmin | 14 | NSC | Ret | NSC | NSC | NSC | Ret | NTS | Ret | 8 | 6 | Ret | 12 | 8 | Ret | Ret | ||||||
16 | Ivan Capelli | Ret | NSC | Ret | Ret | 10 | NSC | 2 | Ret | 7 | Ret | 7 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | ||||||
1991 | CG911 | Ilmor 2175A 3.5 V10 | G | USA | BRA | SMR | MON | CAN | MEX | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 1 | 12º | ||
15 | Maurício Gugelmin | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | Ret | 11 | Ret | 15 | 7 | 7 | 8 | 14 | ||||||
16 | Ivan Capelli | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | Ret | 8 | 17 | Ret | ||||||||
Karl Wendlinger | Ret | 20 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |