Saltar ao contido

Lexicoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lexicoloxía é a rama da lingüística que estuda o léxico, á súa orixe, as relacións entre conceptos e palabras e a estrutura de relacións que se establecen entre as palabras que constitúen o léxico dunha lingua.[1]

Lexicoloxía e lexicografía

[editar | editar a fonte]

A lexicoloxía é moi diferente da lexicografía. A lexicografía pretende simplemente describir ou recoller formas léxicas e céntrase nunha lingua particular. Como tal, a lexicografía é unha disciplina instrumental cuxo fin é a elaboración de dicionarios e vocabularios nos cales ofrécense informacións de orde etimolóxico, categorial, combinatorio, semántico e contextual sobre cada un dos termos censados. Porén, a lexicoloxía pretende facer xeneralizacións sobre a estrutura do léxico, as relacións entre palabras e o modo en como a lingua representa certas áreas semánticas. A lexicoloxía trata asuntos como:

  • A orixe das palabras (etimoloxía), algo para o que se require o auxilio da lingüística histórica.
  • As relacións entre conceptos e palabras (onomasioloxía e semasioloxía).
  • A estrutura de relacións semánticas que se establecen entre as palabras que constitúen o léxico dunha lingua.

Un dos principais problemas da lexicoloxía foi e segue a ser a definición do que habitualmente se chama palabra, xa que o termo resulta demasiado impreciso e prefírese falar de "unidade léxica", que acolle un ámbito máis extenso e xeral de formas.

Procesos de formación de palabras

[editar | editar a fonte]

As palabras que forman parte das categorías léxicas poden combinarse entre si para dar lugar a novas palabras. Para iso as linguas do mundo usan diversos procedementos:

  • Composición lingüística
  • Derivación lingüística
  • Parasínteses

En cambio categorías funcionais considéranse clases pechadas que non resultan explicitamente ampliábeis mediante ningún proceso produtivo de formación de palabras. Porén, na evolución histórica dunha lingua o inventario de palabras funcionais varía porque se gañan ou se perden elementos, e o proceso máis importante de creación de novas palabras funcionais é a gramaticalización.

O caso do galego

[editar | editar a fonte]

No caso da lexicoloxía na lingua galega a súa competencia corresponde a Real Academia Galega, consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente; porén as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, e teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Onomasiology Online (OnOn) (ed. Joachim Grzega, Alfred Bammesberger, Marion Schöner)
  • English and General Historical Lexicology (by Joachim Grzega and Marion Schöner)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.