Lepus timidus
Lepus timidus Lebre de montaña, lebre de Eurasia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepus timidus scoticus, en Findhorn Valley, Escocia, coa pelaxe de verán | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Lepus timidus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Distribución da lebre de montaña
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
Lepus timidus, coñecida vulgarmente como lebre de montaña ou lebre de Eurasiao, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Lepus.
Características
[editar | editar a fonte]En verán, en todas as poboacións de lebres de montaña (ao igual que as outras dúas do subxénero), a pelaxe pasa a presentar distintos tons apardazados. Para prepararse para o inverno moitos individuos cambian a súa pelaxe, que se volve branca (ou maioritariamente branca).
Os máis dos individuos da subespecie Lepus timidus hibernicus (lebre de montaña irlandesa) permanecen con plaxe marrón todo o ano, e raramente a cambian para volvela branca. Esta subespecie tamén pode ter a cola dun ton escuro ou gris, mentres que nas lebres pardas ou lebres comúns europeas (Lepus europaeus), é branca.
A cor da cola combinada co seu gran tamaño (en comparación coa maior parte das outras poboacións de lebres de montaña) e as variedades marrón que pode presentar a versión irlandesa, pode levar a quen as observe a confundir a lebre de montaña coa lebre parda (Lepus europaeus).
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]É unha lebre que se ha adaptou aos ecosistemas polares e montañosos.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Habita na zona comprendida entre Fenoscandia (termo xeográfico e xeolóxico utilizado para describir o conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia),[3] até o leste de Siberia; ademais, existen poboacións illadas nos Alpes, en Irlanda, en Polonia, no Reino Unido e en Hokkaidō. Foi introducida polo home nas illas Shetland e nas Feroe.[4]
Costumes
[editar | editar a fonte]Estudos demostraron que a dieta das lebres de montaña varía segundo a rexión en que habitan, parecen dependeren do hábitat particular en que vive a subespecie analizada. Por exemplo, ao norte de Escandinavia, onde a neve cobre todo o solo durante varios meses, as lebres consomen ramas caídas das árbores. En lugares máis cálidos, como en Irlanda, a herba pode ser un dos principais alimentos. De poder elixir, estas lebres parecen prefrir a herba, principalmente en Escocia e Irlanda.
No norte de Finlandia e de Suecia, esta lebre e a europea compiten polo aproveitamento do hábitat. A europea, por ser máis grande, adoita expulsar á lebre de montaña, pero está menos adaptada aos climas fríos: as súas patas son de menor tamaño, e a pelaxe invernal é unha camuflaxe moi boa nas rexións costeiras de Finlandia onde a neve cobre a costa durante un curto período.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por Linneo en 1758,[4][5] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[4]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñcense dentro da especie as subespecies seguintes:[4][5]
- Lepus timidus ainu Barrett-Hamilton, 1900
- Lepus timidus begitschevi Koljuschev, 1936
- Lepus timidus gichiganus J. Allen, 1903
- Lepus timidus hibernicus Bell, 1837
- Lepus timidus kamtschaticus Dybowski, 1922
- Lepus timidus kolymensis Ognev, 1923
- Lepus timidus kozhevnikovi Ognev, 1929
- Lepus timidus lugubris Kastschenko, 1899
- Lepus timidus mordeni Goodwin, 1933
- Lepus timidus orii Kuroda, 1928
- Lepus timidus scoticus Hilzheimer, 1906
- Lepus timidus sibiricorum Johanssen, 1923
- Lepus timidus timidus Linnaeus, 1758
- Lepus timidus transbaicalicus Ognev, 1929
- Lepus timidus varronis Miller, 1901
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]A lebre ártica (Lepus arcticus) adoitaba ser considerada como unha subespecie da lebre de montaña, pero actualmente considéranse como dúas especies separadas. Algúns científicos tamén pensan que a lebre irlandesa (Lepus timidus hibernicus) podería considerarse como outra especie independente.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Lepus timidus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Fauna Ibérica, Mammalia - Lagomorpha". Fauna ibérica. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Fennoscandia". Yourdictionary (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Lepus (Lepus) timidus Linnaeus, 1758 no MSW.
- ↑ 5,0 5,1 Lepus timidus Linnaeus, 1758 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepus timidus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepus timidus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.