Leopold Berchtold
Nome orixinal | (de) Leopold Anton Johann Sigismund Josef Korsinus Ferdinand Berchtold |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de abril de 1863 Viena (Imperio Austríaco) |
Morte | 21 de novembro de 1942 (79 anos) Peresznye (Reino de Hungría) |
Foreign minister of Austria-Hungary (en) | |
17 de febreiro de 1912 – 13 de xaneiro de 1915 ← Alexis von Aehrental – Stephan Burián von Rajecz (en) ⊟ | |
Ambassador of Austria-Hungary to Russia (en) | |
1906 – 1911 | |
Member of the House of Magnates (en) | |
16 de xuño de 1900 – 16 de novembro de 1918 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Exército |
Lugar de traballo | Checoslovaquia |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | político independente |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Berchtold (en) |
Cónxuxe | Ferdinande Károlyi de Nagykároly (1893–1942), morte da persoa |
Fillos | Count Sigismund von Berchtold |
Pai | Zikmund Berchtold z Uherčic |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Leopold Anton Johann Sigismund Josef Korsinus Ferdinand Berchtold (18 de abril de 1863 – 21 de novembro de 1942) foi un político austro-húngaro, exercía de ministro de asuntos exteriores ó estalar a primeira guerra mundial.
Un dos homes máis ricos do Imperio, posuía terras en Hungría e Moravia. En 1893 entrou no corpo diplomático, estivo destinado en Londres e París e en 1907 recibiu o nomeamento como embaixador en Rusia ata 1912 ó ser nomeado ministro de Asuntos Exteriores austrohúngaro.
Durante as guerras dos Balcáns de 1912-1913 evaluou a hipótese de entrar en guerra contra Serbia, o que finalmente non se realizou. Co asasinato do arquiduque Francisco Fernando a mans de nacionalistas serbios de Bosnia o 28 de xuño de 1914, Berchtold viu unha oportunidade para humillar a Serbia, apremando para unha invasión inmediata de Serbia, sen unha declaración previa de guerra, pero contou coa oposición do primeiro ministro húngaro, Istvan Tisza, partidario dunha solución diplomática.
Berchtold convenceu ó emperador para enviarlle un ultimato inaceptable a Serbia o 23 de xullo, rexeita a resposta e persuadiu ó emperador para declararlle a guerra o 28 de xullo. Enfrontado cos outros membros do goberno a causa da súa postura de cederlle a Italia o Trentino a cambio da súa neutralidade tivo que renunciar ás súas funcións o 13 de xaneiro de 1915, substituído polo barón Istvan Burian.
Berchtold retirouse da vida pública e vivindo nas súas posesións en Hungría.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopold Berchtold |
Biografía
[editar | editar a fonte]- Hantsch, Hugo. Leopold Graf Berchtold: Grandseigneur und Staatsmann. Graz [Austria]: Verlag Styria, 1963.