Leopardus
Leopardus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ocelote (Leopardus pardalis) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Leopardus griseus[1][2] Gray, 1842 | |||||||||||||||||||||
Área de dispersión do xénero Leopardus
Nota: este mapa deriva dos mapas de distribución da cada unha das especies, que se configuraron para "superpoñerse", de xeito que as tonalidades máis escuras indican as áreas de maior diversidade. | |||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Leopardus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, que inclúe, segundo a maioría dos autores, nove especies de pequenos gatos americanos, con numerosas subespecies.[2][3]
As especies do antigo xénero Oncifelis Severtzov, 1858, inclúense hoxe en Leopardus.[2]
Características
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero presentan manchas o raias escuras sobre un fondo amarelado. Teñen un tamaño ao redor de dúas veces o dn gato doméstico. O perfil do seu corpo e as súas faccións son lixeiramente máis alongados que os doutros felinos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Todos os membros deste xénero habitan en zonas boscosas ou semiboscosas de América do Sur e Central, aínda que no caso do ocelote, a súa Área de distribución prolóngase cara ao norte seguindo as zonas costeiras de México até alcanzar o sur dos Estados Unidos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Mag. Nat. Hist. [ser. 1], 10: 260.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Leopardus, foi escollido por Gray polo seu parecido superficial co leopardo no referente á cor e o apencado da pelaxe.
Porén, convén recordar que o leopardo pertence a un xénero (Panthera) e a unha subfamilia (panterinos) diferente á que engloba a estes animais (a dos felinos).
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero Leopardus coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Colocolo Pocock, 1941
- Dendrailurus Severtzov, 1858
- Lynchailurus Severtzov, 1858
- Margay Gray, 1867
- Montifelis Schwangart, 1941
- Mungofelis Antonius, 1933
- Noctifelis Severtzov, 1858
- Oncifelis Severtzov, 1858 (epónimo)
- Oncilla Allen, 1919
- Oncoides Severtzov, 1858
- Oreailurus Cabrera, 1940
- Pajeros Gray, 1867
- Pardalina Gray, 1867
- Pardalis Gray, 1867
- Pseudolynx Schwangart, 1941
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero Leopardus inclúe de oito a once especies, segundo os autores,[4] algunhas con numerosas subespecies.
Segundo Mammal Species of the World e o ITIS, son nove as especies, coas subespecies que se indican a continuación:[2][3]
- Leopardus braccatus (Cope, 1889)
- Leopardus braccatus braccatus
- Leopardus braccatus munoai
- Leopardus colocolo (Molina, 1782)
- Leopardus colocolo colocolo
- Leopardus colocolo wolffsohni
- Leopardus geoffroyi (d'Orbigny & Gervais, 1844)
- Leopardus geoffroyi geoffroyi
- Leopardus geoffroyi euxanthus
- Leopardus geoffroyi leucobaptus
- Leopardus geoffroyi paraguae
- Leopardus geoffroyi salinarum
- Leopardus guigna (Molina, 1782)
- Leopardus guigna guigna
- Leopardus guigna tigrillo
- Leopardus jacobitus (Cornalia, 1865)
- Leopardus pajeros (Desmarest, 1816)
- Leopardus pajeros pajeros
- Leopardus pajeros budini
- Leopardus pajeros garleppi
- Leopardus pajeros steinbachi
- Leopardus pajeros thomasi
- Leopardus pardalis (Linnaeus, 1758)
- Leopardus pardalis pardalis
- Leopardus pardalis aequatorialis
- Leopardus pardalis albescens
- Leopardus pardalis melanurus
- Leopardus pardalis mitis
- Leopardus pardalis nelsoni
- Leopardus pardalis pseudopardalis
- Leopardus pardalis pusaeus
- Leopardus pardalis sonoriensis
- Leopardus pardalis steinbachi
- Leopardus tigrinus Schreber, 1775
- Leopardus tigrinus tigrinus
- Leopardus tigrinus guttulus
- Leopardus tigrinus oncilla
- Leopardus tigrinus pardinoides
- Leopardus wiedii (Schreber, 1775)
- Leopardus wiedii wiedii
- Leopardus wiedii amazonicus
- Leopardus wiedii boliviae
- Leopardus wiedii cooperi
- Leopardus wiedii glauculus
- Leopardus wiedii nicaraguae
- Leopardus wiedii oaxacensis
- Leopardus wiedii pirrensis
- Leopardus wiedii salvinius
- Leopardus wiedii vigens
- Leopardus wiedii yucatanicus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sinónimo de Felis pardalis Linnaeus, 1758.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Leopardus en MSW.
- ↑ 3,0 3,1 Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
- ↑ Trigo, Tatiane C.; Schneider, Alexsandra; de Oliveira, Tadeu G.; Lehugeur, Livia M.; Silveira, Leandro; Freitas, Thales R. O.; Eizirik, Eduardo (decembro de 2013). "Molecular Data Reveal Complex Hybridization and a Cryptic Species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23 (24): 2528–2533. doi:10.1016/j.cub.2013.10.046.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopardus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Leopardus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
- Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7.
- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sexta edición. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leopardus. Small American cats na ADW.
- Leopardus Gray 1842 na EOL.
- Leopardus no NCBI.