Leonor
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O nome Leonor poder referirse a:
- Persoeiros
- Leonor Andrade, tamén coñecida como Ella Nor, nada o 13 de setembro de 1994, é unha cantante e actriz portuguesa.
- Leonor de Anjou, tamén coñecida como Leonor de Nápoles e Leonor de Sicilia, princesa napolitana que foi raíña consorte de Sicilia polo seu casamento con Frederico III de Sicilia.
- Leonor de Aquitania, duquesa de Aquitania, que foi raíña consorte de Francia, polo seu casamento con Lois VII de Francia, e despois de Inglaterra, polo seu segundo matrimonio con Henrique III de Inglaterra. Foi a nai de Ricardo Corazón de León e de Xoán sen Terra.
- Leonor de Aragón, infanta aragonesa, filla do rei Fernando I de Aragón e de Leonor de Alburquerque, que foi raíña consorte de Portugal polo seu casamento con Duarte I de Portugal.
- Leonor de Borbón, nada o 31 de outubro de 2005, é a actual Princesa de Asturias.
- Leonor de Navarra, filla de Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, foi raíña de Navarra.
- Leonor de Portugal, infanta portuguesa, filla do rei Duarte de Portugal e da súa esposa Leonor de Aragón, que foi emperatiz consorte do Sacro Imperio Romano-Xermánico polo seu casamento co emperador Frederico III de Habsburgo.
- Leonor de Sicilia.
- Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, infanta de Castela e León que foi raíña consorte de Navarra polo seu matrimonio con Carlos III de Navarra.
- Leonor Plantagenet, tamén coñcecida como Leonor de Inglaterra, princesa de Inglaterra, filla de Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania, que foi raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de Castela. Foi nai, entre outros, dos reis Henrique I de Castela e Berenguela de León e Castela.
- Leonor Teles de Meneses, nobre portuguesa e leonesa, que foi raíña consorte de Portugal polo seu matrimoniu con Fernando I de Portugal.
- Leonor Urraca de Castela, tamén coñecida como Leonor de Alburquerque, que foi raíña consorte de Aragón polo seu matrimonio co rei Fernando I de Aragón.
- Leonor Watling, nada o 28 de xullo de 1975, é unha actriz e cantante española.
- Outros
- Leonor, filme de terror de 1975 de Juan Luis Buñuel.