Leonid Kuchma
Nome orixinal | (uk) Леоні́д Дани́лович Ку́чма |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de agosto de 1938 (86 anos) Chaikyne, Ucraína (en) |
2º Presidente de Ucraína | |
19 de xullo de 1994 – 23 de xaneiro de 2005 ← Leonid Kravtchuk (pt) – Viktor Yushchenko ⊟ | |
Deputado de Ucraína | |
11 de maio de 1994 – 15 de xullo de 1994 – Vasyl Yevtukhov (en) ⊟ Lexislatura: 2nd Verkhovna Rada (en) | |
2º Primeiro ministro de Ucraína | |
13 de outubro de 1992 – 22 de setembro de 1993 ← Valentyn Symonenko – Yukhym Zvyahilsky (pt) ⊟ | |
Deputado de Ucraína | |
15 de maio de 1990 – 10 de maio de 1994 Lexislatura: 1st Verkhovna Rada (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Dnipro |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Educación | Oles Honchar Dnipro National University (en) National Aviation University (en) Luhansk State University of Internal Affairs (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética (–1991) sen valor |
Membro de | |
Participou en | |
2 de xullo de 1990 | 28th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) |
25 de febreiro de 1986 | 27th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Lyudmyla Kuchma |
Fillos | Olena Pinchuk |
Parentes | Victor Pinchuk, xenro |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
Leonid Danylovych Kuchma (ucraíno: Леоні́д Дани́лович Ку́чма), nado en Chaikine (Chernihiv) o 9 de agosto de 1938 é un político ucraíno que foi o presidente de Ucraína entre o 19 de xullo de 1994 e o 23 de xaneiro de 2005. Kucham asumiu o posto tras gañar as eleccións presidenciais de 1994 contra o seu rival, Leonid Kravchuk. Kuchma foi reelixido para outro mandato de cinco anos en 1999.
A súa presidencia foi rodeada por numerosos escándalos de corrupción e a redución da liberdade dos medios. A corrupción aumentou trala elección de Kuchma en 1994, mais en 2000–2001, o seu poder comezou a debilitarse a pesar da publicidade dos medios.[1]
Coa súa vixilancia, a economía de Ucraína continuou a declinar ata 1999, mentres que creceu dende 2000, levando unha certa prosperidade a algúns segmentos dos residentes nas cidades. Durante a súa presidencia, as relacións entre Rusia e Ucraína comezaron a mellorar.[2]
Tras unha carreira de éxito na industria da construción de máquinas na Unión Soviética, Kuchma iniciou a súa carreira política en 1999, cando foi elixido para a Rada Suprema (parlamento ucraíno). Foi reelixido en 1994.[3] Actuou como primeiro ministro de Ucraína entre outubro de 1992 e setembro de 1993.[3]
Entre xullo de 2014 e outubro de 2018 foi representante presidencial especial de Ucraína nas conversas de paz semioficiais sobre a guerra de Donbass.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kuchma estudou na Universidade de Dnipropetrovsk, licenciándose en enxeñaría de foguetes. Foi enxeñeiro no Cosmódromo de Baikonur, así como membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Tivo un importante papel nos programas de mísiles estratéxicos e foguetes espaciais como executivo da compañía industrial "Yuzmash" de Dnipropetrovsk. Dende 1990 a 1992 foi membro da Rada Suprema de Kíiv e pertenceu ao Comité de Defensa e Seguridade do Estado. Foi nomeado Primeiro Ministro de Ucraína en 1992.
Deixou o seu posto en setembro de 1993 para presentarse como candidato á presidencia do país en 1994, sendo reelixido en 1999.
A oposición acusouno de estar relacionado co asasinato en 2000 do xornalista Georgiy Gongadze e houbo protestas nos anos 2000-2001 baixo o lema "Ucraína sen Kuchma".[4][5][6]
Tamén foi criticado polas súas restricións á liberdade de prensa, aplicando a censura a toda crítica.[7][8] A campaña de Kuchma contra a prensa foi tal que en 2001 o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPX) considerou a Kuchma un dos dez peores inimigos da prensa ese ano, xunto a outros líderes como Fidel Castro, Vladimir Putin e o aiatolá Ali Khamenei.[9]
O seu primeiro ministro trala destitución de Anatoli Kinaj en 2002 foi Viktor Yanukovich.
Baixo Constitución de Ucraína, Kuchma deixou a presidencia en outubro de 2004, por non poder ser reelixido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adrian Karatnycky, "Ukraine's Orange Revolution," Foreign Affairs, Vol. 84, No. 2 (Mar. – Apr., 2005), pp. 35–52 in JSTOR
- ↑ Robert S. Kravchuk, "Kuchma as Economic Reformer," Problems of Post-Communism Vol. 52#5 September–October 2005, pp 48–58
- ↑ 3,0 3,1 "Profile: Leonid Kuchma". BBC. 26 de setembro de 2002.
- ↑ "El asesinato que estremeció a una nación". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008.
- ↑ ¿El fin de Ucrania? (en castelán)
- ↑ Leonid Kuchma Arquivado 28 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Leonid Kuchma. Deterioro de la calidad democrática del régimen y auge de los clanes político-empresariales". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "Opinión y Análisis - Grave crisis política en Ucrania" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 3 de febreiro de 2008.
- ↑ CPJ nombra a 10 enemigos de la prensa en el Día Mundial de la Libertad de Prensa (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leonid Kuchma |
A Galipedia ten un portal sobre: Ucraína |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Åslund, Anders, and Michael McFaul.Revolution in Orange: The Origins of Ukraine's Democratic Breakthrough. (2006)
- Aslund, Anders. How Ukraine Became a Market Economy and Democracy. (2009)
- Birch, Sarah. Elections and Democratization in Ukraine. (2000) online edition
- Kubicek, Paul. The History of Ukraine. (2008) excerpt and text search
- Kuzio, Taras. Ukraine: State and Nation Building (1998) online edition Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Sochor, Zenovia A. "Political Culture and Foreign Policy: Elections in Ukraine 1994." in: Tismăneanu, Vladmir (ed.). 1995. Political Culture and Civil Society in Russia and the New States of Eurasia. (1994) ISBN 1-56324-364-4. pp. 208–224.
- Whitmore, Sarah. State Building in Ukraine: The Ukrainian Parliament, 1990–2003. Routledge, 2004 online edition Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Wilson, Andrew. Ukraine's Orange Revolution. (2005)
- Wilson, Andrew. The Ukrainians: Unexpected Nation. 2nd ed. 2002; online excerpts at Amazon
- Wolczuk, Roman. Ukraine's Foreign and Security Policy 1991–2000. (2002) excerpt and text search
- Zon, Hans van. The Political Economy of Independent Ukraine. 2000 online edition Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Liudmyla Shanghina, "UKRAINE IS NOT AMERICA", Razumkov
- "Yushchenko Won the Competition of Personalities", (Kuchma's 2005 interview), Vremia Novostey (Rusia) (en ruso)
- Korzh, H. Leonid Kuchma: Real biography of the second President of Ukraine.
- Leonid Kuchma inauguration speech en Wayback Machine (archived 14 de setembro de 2014)
Predecesor: Valentyn Symonenko |
Primeiro ministro de Ucraína 1992-1993 |
Sucesor: Yukhym Zvyahilsky (interino) |
Predecesor: Leonid Kravchuk |
Presidente de Ucraína 2010-2014 |
Sucesor: Viktor Yushchenko |