Saltar ao contido

Lei e Xustiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lei e Xustiza
Logo
Tipopartido político
Ideoloxíaconservadorismo nacionalista, conservadorismo social, Euroescepticismo, nacionalismo econômico, populismo de direita, Nacionalismo polaco, anticomunismo, Solidarismo, estadismo e direita cristã
Data de fundación13 de xuño de 2001
Fundador(es)Lech Kaczyński, Jaroslaw Kaczynski e Ludwik Dorn
Presidente/aJaroslaw Kaczynski (2003-) Editar o valor en Wikidata
Nº de membros45.000 (2021) Editar o valor en Wikidata
SedeVarsovia e 84 Nowogrodzka Street in Warsaw
PaísPolonia
Na rede
http://www.pis.org.pl
Facebook: pisorgpl Twitter: pisorgpl Instagram: pisorgpl Youtube: UC4GvtI6k6GP7A0u06ECbvlg Flickr: pisorgpl Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Jarosław Kaczyński e Andrzej Duda, abril de 2013.

Lei e Xustiza (Pl-Prawo i Sprawiedliwość.ogg pronunciación en polaco: Prawo i Sprawiedliwość, PiS) é un dos principais partidos políticos de Polonia, de ideoloxía católica, conservadora e de dereitas. Ostentou o goberno de Polonia durante a lexislatura de 2005 a 2007.

A maior parte dos seus membros fórono tamén de AWS (Acción Electoral Solidariedade - Akcja Wyborcza Solidarność). O partido PiS fundárono os xemelgos Jarosław e Lech Kaczyński, os cales ostentaron durante a lexislatura 2005-2007 de maneira simultánea os cargos de primeiro ministro e presidente da República respectivamente.

Nas eleccións xerais de 2001, o PiS obtivo un 9,5% e 44 escanos no Sejm (a cámara baixa do parlamento polaco, composta por 460 deputados). Nas eleccións de 2005 foi o partido máis votado cun 26,99% dos votos, 155 escanos e 49 representantes no Senado (sobre un total de 100), formando un goberno de coalición canda a Autodefensa da República de Polonia e a Liga das Familias Polacas. No 2007 e tras dous anos de goberno na que foi a lexislatura máis curta da historia democrática de Polonia, o goberno estivo forzado a convocar eleccións anticipadas despois de perder o apoio de Autodefensa cando o Primeiro ministro Jarosław Kaczyński destituíu ao viceprimeiro ministro e titular de Agricultura Andrzej Lepper por presuntos casos de corrupción. Nas eleccións anticipadas de 2007, o PiS perdeu fronte ao partido Plataforma Cívica de Donald Tusk. Os seus socios de goberno, a Liga e a Autodefensa, perderon a representación parlamentaria.

Escisións

[editar | editar a fonte]

En xaneiro do 2010, Jerzy Polaczek liderou unha fracción que se escindiu para formar Polonia Plus. Os seus sete membros do Sejm procedían da ala centrista e liberal do partido. O 24 de setembro do mesmo ano o grupo disolveuse e a maioría dos seus membros volveron a Lei e Xustiza, incluído o propio Polaczek.

O 16 de novembro do 2010, os parlamentarios Joanna Kluzik-Rostkowska, Elzbieta Jakubiak e Pawel Poncyljusz, conxuntamente cos membros do Parlamento Europeo Adam Bielan e Michał Kamiński, formaron unha nova agrupación política, Polonia é o máis importante (Polska jest Najważniejsza).