Leandro Bolmaro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 2000 (23 anos) Las Varillas, Arxentina (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Arxentina Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 2,01 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2017 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua italiana | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New York Knicks, 23º (2020) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2020 | Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (7º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Leandro Nicolás Bolmaro, nado o 11 de setembro de 2000 en Las Varillas, é un xogador profesional de baloncesto arxentino. Cunha altura de 2,06 m xoga nas posicións de escolta e ala para o Olimpia Milano da Lega Basket Serie A italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bolmaro foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2020 polos New York Knicks,[1] pero os Knicks traspasaron os seus dereitos ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre tres equipos.[2] O 18 de setembro de 2021, Bolmaro asinou un contrato de rookie cos Timberwolves.[3] Bolmaro debutou na NBA o 20 de outubro de 2021 na vitoria dos Timberwolves por 124-106 contra os Houston Rockets.
O 6 de xullo de 2022, os Timberwolves traspasaron a Bolmaro ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Malik Beasley, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[4] O 16 de febreiro de 2023, Bolmaro e os Jazz acordaron o remate do contrato do xogador.[5]
O 2 de marzo de 2023, Bolmaro asinou co Lenovo Tenerife da Liga ACB.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vega, Julio (18 de novembro de 2020). "NBA draft 2020: Four things to know about Argentine prospect Leandro Bolmaro, taken No. 23 overall". USA Today. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Minnesota Timberwolves Acquire Ricky Rubio And Draft Rights To Jaden McDaniels From Oklahoma City And Draft Rights To Leandro Bolmaro From New York". NBA.com. 20 de novembro de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Timberwolves Sign Leandro Bolmaro". NBA.com. 18 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Minnesota Timberwolves Acquire Center Rudy Gobert from Utah Jazz". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06.
- ↑ "Jazz Waive Leandro Bolmaro". NBA.com. February 16, 2023. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Lenovo Tenerife ficha a Leandro Bolmaro". CB Canarias. Consultado o 2 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 2000
- Nados na provincia de Córdoba, Arxentina
- Xogadores de baloncesto da Arxentina
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Escoltas de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet B
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores do CB Canarias
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do Olimpia Milano