Saltar ao contido

Le Monde diplomatique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le Monde diplomatique
Fundación Maio de 1954
Xénero Información xeral
País Francia
Ámbito Internacional
Lingua Francés e outras.
Periodicidade Mensual
Cor En branco e negro e en cor
Fundador Hubert Beuve-Méry
Director Serge Halimi

Le Monde diplomatique, chamado coloquialmente Le Diplo, é un xornal francés de periodicidade mensual fundado en maio de 1954 por Hubert Beuve-Méry a modo de suplemento para o diario Le Monde. Presenta unha liña editorial esquerdista, defendendo outro tipo de globalización e posicionándose a prol dos países do Terceiro Mundo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Está destinado aos círculos diplomáticos e ás grandes organizacións internacionais. Creouse por iniciativa dun antigo diplomático de orixe húngara reconvertido a xornalista, François Honti. Hoxe, enmárcase como filial cunha redacción independente dentro do grupo La Vie-Le Monde. En 2007, a tiraxe media da edición francesa roldaba os 240 000 exemplares, mentres que a tiraxe global das súas edicións internacionais impresas acadaba case os dous millóns e medio de exemplares.

Internacional

[editar | editar a fonte]

A partir do final da década de 1970, Le Monde diplomatique comezou a ser editado tamén fóra de Francia. En 2010 o xornal conta con 68 edicións no estranxeiro[1], en 26 linguas, sendo 35 impresas e 33 electrónicas. De 500 mil exemplares en 1996, o total das edicións estranxeiras impresas pasou a 1,4 millón de exemplares en 2005.

O xornal aborda temas relacionados á Europa, á América Latina e ao Mundo Árabe. Alén dos artigos traducidos da edición francesa, até 20% das materias das edicións estranxeiras son elaboradas por redaccións locais.

Redacción

[editar | editar a fonte]

En 2010, o director da publicación é Serge Halimi (anteriormente o director fora o galego Ignacio Ramonet), sendo o redactor xefe Maurice Lemoine e os seus adxuntos Martine Bulard, Philippe Río, Anne-Cécile Robert. Así mesmo, na redacción figuran Mona Chollet, Alain Gresh, Pierre Rimbert, Dominique Vidal e Laurent Bonelli.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]