Laurentia
Laurentia ou cratón norteamericano é un gran cratón continental que forma o núcleo xeolóxico antigo do continente norteamericano. Moitas veces no seu pasado, Laurentia foi un continente separado, como o é agora na forma de Norteamérica, aínda que orixinalmente tamén incluía áreas cratónicas de Groenlandia e ademais a parte noroeste de Escocia, coñecida como o terreo das Hébridas. Noutras épocas Laurentia formou parte de continentes máis grandes e supercontinentes e constaba de moitos pequenos terreos ensamblados nunha rede de cintos oroxénicos do Proterozoico temperán. Pequenos microcontinentes e illas oceánicas chocaron e suturáronse con aquela Laurentia en constante crecemento, e xuntos formaron o cratón estable precámbrico que é hoxe.[1][2]
O cratón denomínase así polo escudo Laurentino, e á súa vez as montañas Laurentinas recibiron o seu nome polo río San Lourenzo, e este polo santo Lourenzo de Roma.[3]
Plataforma interior
[editar | editar a fonte]Na Canadá central e oriental, gran parte do cratón estable está exposto na superficie formando o escudo Canadense; cando se considera tamén a extensión subsuperficial é máis comúnu tilizar o termo máis amplo escudo Laurentino, xa que grandes partes da estrutura se estenden fóra do Canadá. Nos estados Unidos, o basamento do cratón está cuberto de rochas sedimentarias na ampla plataforma interior das rexións do Mediooeste e as Grandes Chairas e está exposto só no norte de Minnesota, Wisconsin, os montes Adirondack de Nova York, e a Península Superior de Míchigan.[4] A secuencia de rochas varía desde un grosor de 1 000 m a uns 6 100 m. As rochas cratónicas son metamórficas ou ígneas con rochas sedimentarias enriba compostas principalmente por calcarias, arenitos e lousas.[5] Estas rochas sedimentarias foron principalmente depositadas desde hai 650 a 290 millóns de anos.[6]
Tectónica
[editar | editar a fonte]As rochas metamórficas e ígneas do "complexo de basamento" de Laurentia formáronse hai de 1 500 a 1 000 millóns de anos nunha zona tectonicamente activa.[7] As rochas sedimentarias de idade posterior que se depositaron enriba deste complexo de basamento formáronse nun ambiente de augas de ríos e mariñas lentas. Durante gran parte do Mississippiano, o cratón funcionou como unha extensa plataforma de carbonatos mariña na cal se depositaban principalmente calcarias e algunhas dolomías e evaporitas. Esta plataforma estendíase desde os actuais montes Apalaches ou o val do Mississippi á actual Gran Cunca. O cratón estaba cuberto por un mar epicratónico ou epicontinental tropical de augas cálidas e pouco fondas, que tiña profundidades máximas de só uns 60 m no bordo da plataforma. Durante o Cretáceo, ese mar, chamado Vía marítima interior occidental, estendíase desde o golfo de México ao océano Ártico, dividindo Norteamérica en dúas masas de terra, orienta e occidental. Ás veces, elevábanse masas de terra ou cadeas montañosas nos bordos distantes do cratón e despois eran desmanteladas pola erosión, desprendéndose de area que se espallou pola paisaxe.[8][9] A subdución do continente cara ao noroeste durou aproximadanmente entre 1 400 e 1 200 millóns de anos.[10]
Volcanismo
[editar | editar a fonte]A porción suroeste de Laurentia consta de rochas de basamento precámbricas deformadas por colisións continentais (área violeta da imaxe de arriba). Esta área foi sometida a un considerable rifting como a Provincia de Basin and Range e estirouse ata un 100% da súa largura orixinal.[11] A área contén numerosos restos de grandes erupcións volcánicas.
Localización ecuatorial
[editar | editar a fonte]Laurentia ocupaba no Ordovícico tardío (hai de 458 a 444 millóns de anos) unha posición no ecuador, o que foi determinado por rexistros de estratos cunchíferos.[12] O continente quedou mergullado durante o Ordovícico, o que proporcionou as augas pouco profundas cálidas necesarias para que prosperase a vida mariña e que aumentasen as cunchas carbonatadas de moluscos. Hoxe, estas capas están compostas por cunchas fosilizadas ou facies Thalassinoides en depósitos masivos e carecen de capas de cunchas de braquiópodos ou de cunchas non amalgamadas de braquiópodos.[12] Estes esratos cunchíferos implican a presenza dun cinto de clima ecuatorial libre de furacáns, que se situaba a 10° o ecuador entre os 22,1° S ± 13,5°.[12] Esta conclusión ecolóxica correspóndese ben cos descubrimentos paleomagnéticos previos que confirman a situación ecuatorial do cratón.[12]
Cambio paleoambiental
[editar | editar a fonte]Durante o Fanerozoico tiveron lugar varios eventos climáticos en Laurentia. Durante o Cámbrico tardío e ata o Ordovícico, o nivel do mar flutuou debido á fusión das capas de xeo. Houbo nove flutuacións a macroescala de "hiperquecemento global" ou condicións de efecto invernadoiro de alta intensidade.[13] Debido ás flutuacións no nivel do mar, estes intervalos orixinaron depósitos de lutitas en Laurentia, que serven como rexistros deses eventos.[13] O Ordovícico tardío foi un período de arrefriamento, pero o grao ao que chegou este arrefriamento aínda se debate.[14] Máis de 100 millóns de anos despois, no Permiano, predominou unha tendencia ao quecemento global.[15] Como indican os invertebrados fosilizados, a marxe oeste de Laurentia foi afectada por unha duradeira corrente fría procedente do sur. Esta corrente contrarrestouse co quecemento das augas na rexión de Texas.[15] Estes esfectos opostos suxiren que durante o período quente global do Permiano, o norte e noroeste de Panxea (oeste de Laurentia) permaneceu relativamente frío.[15]
Historia xeolóxica
[editar | editar a fonte]- Arredor de hai 4 030 a 3 580 millóns de anos, orixináronse as formacións de rochas intactas máis antigas do planeta, os gneis de Acasta, no que agora son os Territorios do Noroeste do Canadá (coñecense grans de minerais individuais aínda máis antigos, pero non rochas completas).[16]
- Hai uns .565 millóns de anos formouse Ártica como continente independente.
- Desde hai 2 720 a 2 450 millóns de anos Ártica probablemente formou parte dun gran supercontinente proposto chamado Kenorland.[17][18]
- Desde hai 2 100 a 1 840 millóns de anos, cando se fragmentou Kenorland, o cratón de Ártica formaba parte dun supercontinente menor chamado Nena, xunto con Báltica e o leste da Antártida.
- Arredor de hai 1 820 millóns de anos, Laurentia formaba parte do gran supercontinente Columbia.
- Arredor de hai 1 350–1 300 millóns de anos, Laurentia era xa un continente independente.
- Hai uns 1 300 millóns de anos, Laurentia formaba parte do supercontinente menor Protorrodinia.
- Aproximadamente hai uns 1 070 millóns de anos, Laurentia formaba parte do gran supercontinente Rodinia.
- Hai un 750 millóns de anos, Laurentia formaba parte do supercontinente menor Protolaurasia. Laurentia case separada por un rift.
- Arredor de hai 600 millóns de anos, Laurentia formaba parte do gran supercontinente Pannotia.
- No Cámbrico (de hai 541 ±0,3 a 485,4 ±1,7 millóns de anos), Laurentia foi un continente independente.
- No Ordovícico (de hai 485,4 ± 1,7 a 443,8 ±1,5 millóns de nos), Laurentia estivo reducíndose e Báltica fíxose máis grande.
- No Devoniano (de hai 419,2 ± 2,8 a 358,9 ±2,5 millóns de anos), Laurentia chocou contra Báltica, formando o continente menor de Laurusia ou Euramérica.
- No Permiano (de hai 298,9 ± 0,8 a 252,17 ±0,4 millóns de anos), todos os continetes principais chocaron uns con outros, formando a gran Panxea.
- No Xurásico (de hai 201,3 ± 0,6 a 145 ±4 millóns de anos), Panxea separouse en dous supercontinente máis pequenos: Laurasia e Gondwana. Laurentia formaba parte de Laurasia.
- No Cretáceo (de hai 145 ± 4 a 66 millóns de anos), Laurentia foi un continente independente chamado Norteamérica.
- No Neoxeno (de hai 23,03 ± 0,05 millóns de anos ata hoxe ou rematando hai 2,588 millóns de anos), Laurentia, xa co nome de Norteamérica, uniuse con Suramérica, formando o supercontinente América.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dalziel, I.W.D. (1992). "On the organization of American Plates in the Neoproterozoic and the breakout of Laurentia". GSA Today 2 (11). pp. 237–241.
- ↑ Hoffman, Paul F. (1988). "United Plates of America, The Birth of a Craton: Early Proterozoic Assembly and Growth of Laurentia" (PDF). Annual Review of Earth and Planetary Sciences 16: 543–603. Bibcode:1988AREPS..16..543H. doi:10.1146/annurev.ea.16.050188.002551.
- ↑ Graham, Joseph (2005). "The Laurentians". Naming the Laurentians: A History of Place Names 'up North'. p. 15.
- ↑ Fisher, J.H.; et al. (1988). "Michigan basin, Chapter 13: The Geology of North America". Sedimentary cover – North American Craton D–2. pp. 361–382.
- ↑ Sloss, L.L. (1988). "Conclusions, Chapter 17: The Geology of North America". Sedimentary cover – North American Craton D–2. pp. 493–496.
- ↑ Burgess, P.M. Gurnis, M., and Moresi, L. (1997). "Formation of sequences in the cratonic interior of North America by interaction between mantle, eustatic, and stratigraphic processes". Geological Society of America Bulletin 109 (12): 1515–1535. Bibcode:1997GSAB..109.1515B. doi:10.1130/0016-7606(1997)109<1515:FOSITC>2.3.CO;2.
- ↑ Arlo B. Weil; Rob Van der Voo; Conall Mac Niocaill; Joseph G. Meert (January 1998). "The Proterozoic supercontinent Rodinia: paleomagnetically derived reconstructions for 1100 to 800 Ma". Earth and Planetary Science Letters 154 (1–4): 13–24. Bibcode:1998E&PSL.154...13W. doi:10.1016/S0012-821X(97)00127-1.
- ↑ Parker, Sybil P., ed. (1997). Dictionary of Geology and Mineralogy. New York: McGraw-Hill.
- ↑ Bates, Robert L. and Julia A. Jackson, ed. (1994). Dictionary of Geological Terms. New York: American Geological Institute: Anchor Books, Doubleday Dell Publishing.
- ↑ Chiarenzelli, J.; Lupulescu, M.; Cousens, B.; Thern, E.; Coffin, L.; Regan, S. "Enriched Grenvillian lithospheric mantle as a consequence of long-lived subduction beneath Laurentia". Geology 38 (2): 151–154. Bibcode:2010Geo....38..151C. doi:10.1130/g30342.1.
- ↑ "Geologic Provinces of the United States: Basin and Range Province on". USGS.gov website. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 9 November 2009.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Jin, J.; Harper, D. A. T.; Cocks, L. R. M.; McCausland, P. J. A.; Rasmussen, C. M. O.; Sheehan, P. M. "Precisely locating the Ordovician equator in Laurentia". Geology 41 (2): 107–110. Bibcode:2013Geo....41..107J. doi:10.1130/g33688.1.
- ↑ 13,0 13,1 Landing, Ed (2012-12-15). "Time-specific black mudstones and global hyperwarming on the Cambrian–Ordovician slope and shelf of the Laurentia palaeocontinent". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology. Special Issue: Time-Specific Facies: the color and texture of biotic events 367: 256–272. doi:10.1016/j.palaeo.2011.09.005.
- ↑ Rosenau, Nicholas A.; Herrmann, Achim D.; Leslie, Stephen A. (2012-01-15). "Conodont apatite δ18O values from a platform margin setting, Oklahoma, USA: Implications for initiation of Late Ordovician icehouse conditions". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 315: 172–180. doi:10.1016/j.palaeo.2011.12.003.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Clapham, Matthew E. (2010-12-15). "Faunal evidence for a cool boundary current and decoupled regional climate cooling in the Permian of western Laurentia". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 298 (3): 348–359. doi:10.1016/j.palaeo.2010.10.019.
- ↑ Iizuka, Tsuyoshi; Komiya, Tsuyoshi; Ueno, Yuichiro; Katayama, Ikuo; Uehara, Yosuke; Maruyama, Shigenori; Hirata, Takafumi; Johnson, Simon P.; Dunkley, Daniel J. (March 2007). "Geology and zircon geochronology of the Acasta Gneiss Complex, northwestern Canada: New constraints on its tectonothermal history". Precambrian Research 153 (3–4): 179–208. Bibcode:2007PreR..153..179I. doi:10.1016/j.precamres.2006.11.017.
- ↑ Rogers, J. J. W.; Santosh, M. (2003). "Supercontinents in Earth History" (PDF). Gondwana Research 6 (3): 357–368. Bibcode:2003GondR...6..357R. doi:10.1016/S1342-937X(05)70993-X. Consultado o 8 March 2016.
- ↑ Tait, J. A.; Pisarevsky, S. A. (2009). Siberia, Laurentia and Baltica in Mesoproterozoic (PDF). 2nd International Conference on Precambrian Continental Growth and Tectonism. doi:10.13140/2.1.3432.3840. Consultado o 19 March 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paleogeography of the Southwestern US, historia paleoxeográfica do suroeste de Laurentia, desde hai 1 700 millóns de anos.
- Mesozoic Paleogeography and Tectonic History, Western North America – Historia paleoxeográfica do oeste de Laurentia, desde o Permiano.
- Sitio web da USGS: Rexión das chairas interiores
- The Dynamic Earth, United Plates of America Arquivado 06 de marzo de 2005 en Wayback Machine. do Museo Nacional Smithsoniano de Historia Natural
- Mapa de Laurentia