Laurens Jan Anjema
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1982 (42 anos) A Haia, Países Baixos |
Residencia | A Haia |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Familia | |
Pai | Robert Anjema |
Laurens Jan Anje, nado na Haia o 1 de decembro de 1982, é un adestrador e ex-xogador de squash neerlandés que acadou o número 9 do mundo en xaneiro de 2008[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xogador de squash Robert Jan Anjema, doce veces campión neerlandés. Logo de rematar os seus estudos secundarios marchou ao Reino Unido para adestrar co adestrador do número un da época,Peter Nicol, Neil Harvey[2]. En 1999 entrou na PSA e no ano 2002 converteuse en profesional. En 2004 gañou o Open dos Países Baixos e en 2006 fíxose co seu primeiro campionato neerlandés, en total dez entre 2006 - 2014 e 2016 só superado polos doce de seu pai.
En 2008 gañou o Bluenose Classic en 2008 nun partido contra do galego Borja Golán en 5 xogos por 8–11, 12–10, 11–5, 4–11 e 13–11. En 2011, Anjema chegou á final do US Open e gañou o Open de San Francisco ao vencer a Omar Mosaad. Ao remate do ano clasificouse para as finais da Serie Mundial da PSA de 2011 ao se situar entre os 8 mellores xogadores do ano.
En decembro de 2010, Anjema converteuse no primeiro xogador neerlandés en chegar ao top 10 da PSA. Tras unha lesión, retirouse en xuño de 2016.
En xullo de 2018, Anjema gañou o título masculino de maiores 35 anos do Campionato do Mundo Masters de Charlottesville ao vencer a Alister Walker por 3-1 (11-7, 11-5, 7-11, 11-2) [3].
Logo da súa retirada estableceu unha academia de squash, e entre outros adestrou a Paul Coll [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SquashInfo: Laurens Jan Anjema
- ↑ "The Path to Excellence—A God Given Talent? Part 2". Squash Magazine. 1 de agosto de 2011.
- ↑ "England and Australia Shine in World Masters Finals; Davenport and Grainger Deliver for Team USA". 2018WSF World Masters Squash. 5 de agosto de 2018.
- ↑ "Exclusive interview with Paul Coll: His current season, IWI Athletica, moving to Head and *that* Mostafa Asal celebration". Squash Gear Reviews. 22 de xuño de 2021.