Saltar ao contido

Lamborghini Terzo Millennio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamborghini Terzo Millennio
TipoAutomóbil superdeportivo concept car
FabricanteLamborghini
MarcaLamborghini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Italia
DeseñoMitja Borkert
Produción1 unidade
MontaxeSant'Agata Bolognese, Italia
Configuración
CarrozaríaCupé con escotilla
Motor4 motores eléctricos montados en cada roda
Potencia650 a 840 cv
Sitio web
lamborghini.com… Editar o valor en Wikidata
Commons ] Wikidata ]

O Lamborghini Terzo Millennio (en italiano Terceiro Milenio)[1][2]  é un prototipo eléctrico futurista presentado polo fabricante de automóbiles italiano Lamborghini e desenvolvido en colaboración co Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). É o primeiro produto dunha asociación de tres anos entre as dúas institucións.[3][4] O Terzo Millennio foi presentado en novembro de 2017 na conferencia EmTech en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos.[4]