Saltar ao contido

Lambirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lambirón é un personaxe da mitoloxía galega que fai o mal por canto sitio vai.

Non é natural do país, senón un forasteiro, un estraño, que non sabe falar a lingua do país. Se non é humano, ben o parece. Percorre os camiños envelenando as fontes, secando as colleitas, estragando os froitos e sementando pestes. Tamén pode roubar, secuestrar (especialmente nenos) e matar a quen atope.

A suposta existencia destes individuos que envelenas fontes e causan mortandades, se estendeu por toda Europa xa na Idade Media e rexurdía no imaxinario popular con cada epidemia de peste. Na gran pandemia de Peste Negra de mediados do século XIV asegurouse que se difundía intencionadamente polos chamados sementadores, que contaminaban nas fontes e ríos con po que sacaran dos bubóns dos enfermos e mortos pola enfermidade. A pandemia afectou tamén a Galicia e de aí pode vir o mito dos homes das bubas.

Lenda do lambirón descuberto

[editar | editar a fonte]

Vicente Risco conta un sucedido sobre un galego que regresou de América e ía andando cara á súa aldea.[1] Parou xunto a unha fonte para tomar unha medicina e veuse arrodeado por varios veciños do lugar que o acusaron de ser un lambirón. Intentou defenderse explicándolles, en galego, quen era, a onde ía e que facía alí, pero os homes non o escoitaron, esixíndolle que falara na súa lingua.

Cacheárono e, cando lle atoparon a caixina coa súa medicina, aseguraron que era para envelenar a fonte. O home negouno pero sen convencelos, e ó final obrigáronlle a tomar dunha vez tódalas pastillas que levaba. O home, morto de medo por se podía facerlle mal foi axiña á botica, pero alí o tranquilizaron porque non existía perigo de sobredose.

  1. Risco non localiza este caso.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]