Lago Taihu
Aparencia
Tipo | lago espazo natural protexido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | República Popular da China | |||
División administrativa | Jiangsu, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 3,1 m | |||
Profundidade | 2 m | |||
Superficie | 2.250 km² | |||
Lago Taihu | ||||
O lago Taihu é un gran lago situado no delta do río Yangzi. Cunha área de 2.250 km² e unha profundidade media de 2 metros, é o terceiro lago de auga doce da República Popular da China, despois do Poyang e dos lagos Dongting.
O lago está nunha das zonas de meirande produción de gran de todo o país. É a base dunha importante industria pesqueira. No lago atópase tamén rocha calcárea de gran calidade utilizada en decoración. Este tipo de rocha é a máis empregada no ornamento de xardíns tradicionais na zona de Suzhou.