Lago Salton
(en) Salton Sea | ||||
Tipo | lago endorreico lago de fenda Lago salgado | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Deserto do Colorado (pt) | |||
Localización | ||||
País da cunca | Estados Unidos de América e México | |||
División administrativa | Condado de Imperial, Estados Unidos de América (pt) e Condado de Riverside, Estados Unidos de América (pt) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Evaporación | |||
Características | ||||
Altitude | −71,3 m | |||
Profundidade | 15 m | |||
Dimensións | 13 () m | |||
Superficie | 888 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 21.652 km² | |||
Medicións | ||||
Salinidade | 56 ‰ | |||
Sitio web | saltonsea.ca.gov | |||
O lago Salton, en inglés Salton Sea, é un lago endorreico e salino localizado no sur de California, ao suroeste dos Estados Unidos, na falla de Santo André, predominantemente nos vales Imperial e de Coachella.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lago ocupa as zonas máis baixas da bacía de Salton, no deserto de Colorado, nos Condados Imperial e Riverside, no sur de California. Tan baixas que a súa superficie está a 71,9 m baixo o nivel dol mar desde xaneiro de 2018.[1]
Encóntrase nun ambiente árido e desértico, ao norte do val Imperial. Con 974 km² de superficie, é o lago máis grande de California. Porén, a súa superficie cambia de acordo ao seu abastecimento de auga que depende da que se usa para a agricultura, da evaporación, das precipitacións e do derramos.
Mide en termo medio de 24 a 56 km. O seu punto máis profundo está 1,5 m máis alto que o punto máis baixo do val da Morte. Está alimentado por varios ríos: Nuevo (125 km), Whitewater e Álamo, así como polas escorras agrícolas, os sistemas de drenaxe e os regatos.
O lago Salton é naturalmente salobre. Os terreos que o rodean conteñen sales depositadas por un antigo mar, desaparecido hai milenios. Eliminadas polos agricultores do próximo val Imperial para faceren a terra cultivábel, acumuláronse no lago, que é agora máis salgado que o océano Pacífico.[2]
Orixe
[editar | editar a fonte]A zona onde se encontra foi unha vez parte dun vasto mar interior que cubría unha grande área do sur de California. Os xeólogos estiman que durante tres millóns de anos, polo menos durante todos os anos da era glacial do plistoceno, o río Colorado depositou un gran delta na rexión sur do val Imperial. Finalmente, o delta chegou é costa occidental do golfo de California, creando unha barreira que separaba a área do lago Salton dos confíns do norte do golfo. De non ser por esta barreira, toda a bacía do Salton, canda o val Imperial, somerxeríanse, e o golfo estenderíase cara ao norte até a localidade de Indio.[3]
Desde a exclusión do océano, a conca do Salton foi, ao longo dos séculos, alternativamente un lago de auga doce, un lago endorreico cada vez máis salino e unha conca desértica seca, dependendo dos fluxos dos ríos e do equilibrio entre o fluxo de entrada e a perda de auga por evaporación. Un lago existe só durante as épocas en que a auga se repón cos ríos e a chuvia, un ciclo que se repetiu moitas veces durante centos de miles de anos,[4] talvez en ciclos cada 400 ou 500 anos.[5]
Historia desde 1900
[editar | editar a fonte]En 1900 a Compañía de Desenvolvemento de California comezou a construír canles de rego para desviar auga do río Colorado á bacía de Salton, un leito seco do lago. Despois da construción destes canais de rego, a bacía de Salton fíxose fértil durante un tempo, permitindo aos agricultores plantaren cultivos,[6] sobre todo de froitas, noces, feo e dous terzos de vexetais de inverno consumidos nos Estados Unidos.[7]
O estado actual do lago comezou a formarse o ano 1905, cando, a causa das inundacións producidas por un grande incremento do fluxo do río Colorado, e a causa dun monumental erro de cálculo nunha obra para escavar unha canle para a rega dos cultivos, rompeu un dique do río, e un enorme caudal descendeu cara á depresión do Salton. A auga continuou fluíndo durante 18 meses, inundando fogares e granxas, e anegando 1.000 km² de deserto. Durante máis de dous anos a canle desviou case a totalidade do enorme caudal do Colorado cara á bacía do Salton, antes de que os enxeñeiros puideran, finalmente, reparar o dique.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "USGS 10254005 Salton Sea NR Westmorland CA".
- ↑ Salton Sea. History.
- ↑ Alles, D. L. (6-08-2007). "Geology of the Salton Trough" (PDF). Biology Department. Western Washington University. Consultado o 15-12-2019.
- ↑ Singer, E. "Ancient Lake Cahuilla – Geology of the Imperial Valley". Arquivado dende o orixinal o 01-06-2009. Consultado o 15-12-2019.
- ↑ Pat Laflin (29 de xullo de 2003): "The Salton Sea: California's Overlooked Treasure" (PDF). Coachella Valley Historical Society, pp. 21–26. Consultado o 15-12-2019.
- ↑ "The Salton Sea: California's Overlooked Treasure, Chapter 4".
- ↑ Tyler Hayden (2016): ¿Cómo podemos salvar el lago Saltón? Revista Audubon. Órgano da National Audubon Society. Consultada o 15-12-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Salton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- deBuys, William & Myers, Joan (1999): Salt Dreams: Land and Water in Low-down California. Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 0-8263-2126-7.
- Goodyear, Dana (4 de maio de 2015). "The dying sea: what will California sacrifice to survive the drought?". Letter from the Imperial Valley. The New Yorker 91 (11): 22–27. Consultado o 15-12-2019.
- Kennan, George (1917): The Salton Sea: An Account of Harriman's Fight with the Colorado River. Nova York, NY: MacMillan Inc.
- Setmire, James G., et al. (1993). Detailed study of water quality, bottom sediment, and biota associated with irrigation drainage in the Salton Sea area, California, 1988–90 [Water-Resources Investigations Report 93-4014]. Sacramento, Calif.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.
- Setmire, James G., Wolfe, John C., and Stroud, Richard K. (1990). Reconnaissance investigation of water quality, bottom sediment, and biota associated with irrigation drainage in the Salton Sea area, California, 1986–87 [Water-Resources Investigations Report 89-4102]. Sacramento, Calif.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.
- Sperry, R. L. (1975). "When the Imperial Valley Fought for its Life". Journal of San Diego History 21 (1).
- Stringfellow, Kim (2005): Greetings from the Salton Sea: Folly and Intervention in the Southern California Landscape, 1905–2005. Chicago: Columbia College Chicago Press. ISBN 978-1-9351-9532-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da Salton Sea Authority
- U.S. Bureau of Reclamation: Salton Sea Restoration Project Office
- Salton Sea Action Committee
- Salton Basin overview
- Salton Sea Ecosystem Monitoring and Assessment Plan United States Geological Survey.
- "The Salton Sea" – Photo Essay by Scott London
- National Geographic photos of the Salton Sea
- The Accidental Sea en Youtube (en inglés).
- Salton Lake: The Skeleton in the California Locker (O Lago Salton: o esqueleto no armario de California) en Youtube (en inglés).