Saltar ao contido

Lago Constanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Constanza
Vista nocturna
Imaxe
Tipolago
area not part of a municipality of Switzerland (en) Traducir
holomictic lake (en) Traducir
eutrophic lake (en) Traducir
hypertrophic lake (en) Traducir
mesotrófico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoConstanza e Bodman Editar o valor en Wikidata
Parte deRío Rin Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaLake Constance Basin (in Germany) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAlemaña, Suíza e Austria Editar o valor en Wikidata
División administrativaTurgovia, Suíza, Cantón de San Galo, Suíza, Cantón de Schaffhausen, Suíza, Vorarlberg, Austria, Konstanz, Alemaña (pt) Traducir, Bodenseekreis, Alemaña (pt) Traducir e Lindau, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°39′00″N 9°19′00″L / 47.65, 9.3166666666667
Composto por
Afluente
Efluente do lagoHigh Rhine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do Rin Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude395,23 m Editar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 251,14 m
Media: 90 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño14 (ancho) × 63 (lonxitude) km
Perímetro273 km Editar o valor en Wikidata
Superficie536 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica11.500 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico48 km³ Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usopesca, transporte marítimo, diversión e abastecimento público de água (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Foto satélite do Lago de Constanza, cortesía NASA

O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.

O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponio Mela, ao redor do ano 43 a.C., observando que o Rin atravesaba dous lagos, aos que lles deu os nomes latinos de Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, por mor da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase na fronteira de Alemaña ao norte, de Austria ao leste e de Suíza ao sur, destacando ademais o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. O Lago baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e de Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e Sankt Gallen.

A súa área é de 536 km², calculada de novo en 2004, xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Léman. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.

O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Rin entra no lago polo sueste, a través do Obersee, na cidade de Constanza, e do Untersee, saíndo do lago preto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece de auga a varias cidades do sur de Alemaña.

O lago de Constanza foi formado polo glaciar do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuíndo así gradualmente a profundidade do lago no sueste.

Curiosidade xeográfica

[editar | editar a fonte]

Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.

Cidades bañadas

[editar | editar a fonte]

A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita.

No Obersee e Überlinger See

No Untersee

Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:

No Obersee

No Rin

No Untersee

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]