Lactama
Aparencia
Unha lactama é unha amida cíclica. O nome procede da fusión dos termos lactona e amida. Utilízanse letras gregas para indicar cantos átomos de carbono (ademais do carbonílico) teñen no seu anel. As principais son:
- β-lactamas, con dous átomos de carbono ademais do carbonilo, e aneis de 4 membros en total.
- γ-lactamas, con 3 carbonos non carbonílicos, e aneis de 5 membros en total.
- δ-lactamas con 4 carbonos non carbonílicos, e aneis de 6 membros en total.
Síntese
[editar | editar a fonte]Os métodos sintéticos xerais que se usan para a síntese orgánica das lactamas son:
- Formación de lactamas por rearranxo de oximas catalizado por ácido no rearranxo de Beckmann.
- Formación de lactamas a partir de cetonas cíclicas e ácido hidrazoico na reacción de Schmidt.
- Formación de lactamas a partir da ciclación de aminoácidos.
- Formación de lactamas a partir do ataque intramolecular de acil derivados liñais pola reacción de abstracción nucleofílica.
- Na iodolactamización [1] un ión iminio reacciona cun ión halonio formado in situ por reacción dun alqueno co iodo.
- Fórmanse lactamas por cicloadición 1,3-dipolar de alquinos catalizada por cobre na reacción de Kinugasa.
- A reacción de Diels-Alder entre o ciclopentadieno e o clorosulfonil isocianato pode utilizarse para obter tanto β- coma γ-lactamas. A temperaturas baixas (−78 °C) a β-lactama é o produto predominante. A temperaturas óptimas, obtense unha γ-lactama moi útil chamada lactama de Vince.[2]
Tautomerización a lactima
[editar | editar a fonte]Unha lactima é un composto ácido carboximídico cíclico caracterizado por ter un dobre enlace carbono-nitróxeno endocíclico. Fórmase cando unha lactama sofre tautomerización.
Reaccións
[editar | editar a fonte]- As lactamas poden polimerizar dando poliamidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Spencer Knapp, Frank S. Gibson Organic Syntheses, Coll. Vol. 9, p.516 (1998); Vol. 70, p.101 (1992) Online article
- ↑ Pham, P.-T.; Vince, R. Phosphorus, Sulphur and Silicon 2007, 779-791.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Beta-lactámico (antibióticos como a penicilina)
- Lactona, un éster cíclico