La Ráfaga
La Ráfaga | |
---|---|
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Ráfaga foi un semanario publicado en Vigo entre 1914 e 1935, de catro páxinas coa última de publicidade como era costume na época.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario satírico, apareceu o 4 de abril de 1914.[2] Estivo dirixida por Francisco Vidales Canle (que renunciou en decembro de 1914),[3] Aquilino Parada, Miguel Campos Peña, Ramón Campos Peña e Ceferino Maestú Novoa. Foron os seus redactores Ricardo Trillo e Humberto Cuíñas. Entre os seus colaboradores figuraron José Signo e "Andrés de Brizeux"; tiña unha sección crítica titulada "Aturuxos" escrita por Rogelio Rivero. Interrompeu a súa publicación en 1915, para volver reaparecer en setembro dese ano.[4] Volveu pechar na ditadura de Primo de Rivera e o seu director foi á cadea en 1925 por defender a liberdade de expresión. En 1918 organizou unha homenaxe ao mestre Elías Pérez Martínez. Cesou a súa publicación en 1935.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 399. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ La Idea Moderna, 8-4-1914, p. 1.
- ↑ Noticiero de Vigo, 15-12-1914, p. 3.
- ↑ La Voz de la Verdad, 16-9-1915, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Altabella e Leal Insua (1965). Faro de Vigo y su proyección histórica. Madrid. Editorial Nacional.
- Durán, José Antonio (1974). Cronicas 1. Agitadores, poetas, caciques, bandoleros y reformadores en Galicia. Arealonga (en castelán). Akal.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- "Ráfaga, La". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ceferino de Blas: «El periodismo de ´La Ráfaga´» 14/4/2004.