Saltar ao contido

Kris Joseph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKris Joseph

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse - título de grao
Archbishop Carroll High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto
basquetebol universitário norte-americano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo32 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Boston Celtics
Brooklyn Nets
Élan Chalon
Maine Celtics
Springfield Armor
2008–2012 Syracuse Orange (Ala)

Kristopher Carlos Joseph, nado o 17 de decembro de 1988 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional. Actualmente non ten equipo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Joseph tivo problemas ó comezar a competir, xa que o botaron do seu equipo cando tiña 14 anos. Traballou o seu xogo, medrou, e converteuse nunha estrela no Sun Youth, un equipo da Liga de Baloncesto de Montreal.[1] En recomendación do adestrador Henry Wong, a nai de Joseph aceptou que o seu fillo deixara Montreal en 2006, para completar os dous anos que lle quedaban no Archbishop Carroll, en Washington, D.C..[2]

Coma sénior, Joseph liderou ó Archbishop Carroll a unha marca de 26-11. Esa tempada, Joseph conseguiu entrar no segundo equipo de 2008, elixido polo The Washington Post.[3]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Joseph comezou a ter minutos xa moi cedo, e xogou o seu primeiro partido de titular o 2 de xaneiro de 2009 contra Florida do Sur, anotando sete puntos e capturando tres rebotes.[4] Na súa segunda tempada, converteuse nun importante reserva para Syracuse, rematou a tempada con 11.0 puntos e 5.4 rebotes por partido, e foi nomeado Sexto Home do Ano da Big East Conference.[5]

No seu ano coma júnior, mellorou de novo os seus rexistros, e liderou a Syracuse en anotación con 14.3 puntos por partido, sendo ademais o segundo máximo reboteador do equipo, con 5.2 rebotes por encontro; números que melloraría tamén no seu derradeiro ano universitario.

Profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Joseph foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo de 2012, Joseph asinou un contrato cos Celtics.[6] Durante a súa estancia nos Celtics, foi asignado varias veces ó seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws.[7] O 6 de xaneiro de 2013, Joseph foi cortado polos Celtics.[8]

O 6 de febreiro de 2013, Joseph fichou polos Maine Red Claws.[9] Cinco días máis tarde, o 11 de febreiro, foi traspasado ós Springfield Armor a cambio de James Mays.[10] O 2 de abril de 2013, asinou un contrato de 10 días cos Brooklyn Nets.[11] O 12 de abril de 2013, asinou para o resto da tempada.[12]

Joseph foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, nun gran traspaso que mandou ás estrelas dos Celtics Kevin Garnett e Paul Pierce ós Nets.[13] O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Celtics.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 05 de xullo de 2012. 
  2. http://blog.syracuse.com/orangebasketball/2012/03/kris_joseph_road_winds_from_mo.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 05 de xullo de 2012. 
  4. http://www.syracuse.com/axeman/index.ssf/2009/01/susouth_florida_recap_1.html
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2012. 
  6. "Celtics Sign 2012 NBA Draft Picks". NBA.com. 3 de xullo de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2012. 
  7. "Melo, Joseph assigned to D-League". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  8. Celtics Waive Joseph and Varnado
  9. Maine Red Claws sign Kris Joseph to D-League deal
  10. "Springfield trades James Mays in exchange for Maine's Kris Joseph". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  11. "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph to 10-Day Contract". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 2 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013. 
  12. "Brooklyn Nets Sign Kris Joseph for Remainder of Season". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013. 
  13. NBA.com, ed. (12 de xullo de 2013). "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]