Kosmos 1
- Véxase tamén: Kosmos 1 (foguete).
Kosmos 1 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre / demostrador tecnolóxico. |
Fabricante | OKB-586 |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 16 de marzo de 1962[1][2] |
Foguete portador | Kosmos[2][3] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 23 de maio de 1962 |
NSSDC ID | 1962-008A |
Masa | 315 kg[2][4] |
Kosmos 1 (Космос 1 en ruso), tamén denominado DS-2 N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 11, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de marzo de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 1 foi o primeiro satélite da serie DS-2[5] e o primeiro do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 977 km de apoxeo e 216 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.[6]
O satélite pesaba 315 kg[2][4] e foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra[2][4] e levar a cabo medicións de impactos de micrometeoritos, da radiación solar de baixa enerxía, dos cintos de radiación, dos raios cósmicos, do campo magnético terrestre e dos patróns de nube.[6]
Kosmos 1 reentrou na atmosfera o 23 de maio de 1962.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1 (SPUTNIK 11)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-2" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2011). "DS-2" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2011). "Kosmos 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 36. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2012.