Saltar ao contido

Kontinental Hockey League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaKontinental Hockey League
Imaxe
Tipoliga de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorRussian Supreme Hockey League (en) Traducir e Russian ice hockey Championship's Supreme League (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísRusia Editar o valor en Wikidata
Vixencia2008 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialen.khl.ru Editar o valor en Wikidata
Facebook: KHL.en Twitter: khl Instagram: khl Telegram: khl_official_telegram VK: khl Youtube: UCwJ3S2Ix7aI1BhHexDJlmEg Editar o valor en Wikidata

A Kontinental Hockey League (KHL; en ruso: Континентальная Хоккейная Лига (КХЛ), Kontinental'naya khokkeynaya liga, en galego: Liga Continental de Hóckey) é un campionato internacional profesional de hóckey sobre xeo fundado no ano 2008. Está formado por equipos con sede en Belarús (1), Casaquistán (1), China (1) e Rusia (19), para un total de 22.

A KHL está considerado como a principal competición de hóckey sobre xeo en Europa e Asia, así como a segunda máis forte do mundo despois da National Hockey League norteamericana. A nivel de público, a KHL é a terceira competición europea deste deporte en asistencia de público por partido, tendo unha media de 6 121 espectadores por encontro en liga regular, e a primeira en espectadores totais cun acumulado anual de 5,32 millóns. O título de campión da KHL leva o nome de Copa Gagarin, sendo temén outorgado o título de Campión de Rusia ao equipo deste país mellor clasificado.

O campionato KHL creouse no ano 2008 coa intención de substituír o anterior campionato, a Superliga Rusa, e subir o nivel do hóckey europeo en xeral e o ruso en particular, tentando mellorar unha liga considerada como a segunda mellor do mundo por detrás da NHL.[1] e mesmo competir directamente cos norteamericanos, para o que os equipos realizaron fortes investimentos en xogadores da National Hockey League que motivaron unha disputa entre as dúas ligas que rematou solucionándose coa sinatura de varios acordos sobre fichaxes e drafts. A nova liga contou na súa primeira tempada, a 2008-09, cos 20 equipos que formaban a Super Liga, sumados ao Khimik Voskresensk, que gañara a Vysshaya hokkeinaya liga (Segunda División) a tempada 2007-08. Ademais outros tres equipos estranxeiros apuntáronse para participar: o HC Dinamo Minsk de Belarús, o Dinamo Riga de Letonia, e o Barys Astana de Casaquistán. O 12 de abril de 2008 disputouse o sétimo e definitivo partido das series finais, que finalizou coa vitoria por 1 gol a 0 do Ak Bars Kazan sobre o Lokomotiv Yaroslavl, alzándose o equipo de Kazán como o primeiro campión da Copa Gagarin.

Para a tempada 2009-10 a KHL podería contar con 30 equipos. Entre os clubs convidados pola Liga constan formacións coma o Frölunda HC e Färjestads BK de Suecia, o Oulun Kärpät de Finlandia, o Sokil Kyiv de Ucraína e o EC Red Bull Salzburg de Austria entroutros, aínda que estes non confirmaron o seu ingreso. Para a tempada 2009 participará o Avtomobilist Ekaterinburg de Rusia (que non puido ingresar en 2008 por problemas financeiros).

Desde 2009, a liga está dividida en dúas en conferencias, a Leste e Oeste. Actualmente cada conferencia está formada por doce equipos dividios en dúas divisións de seis equipos cada unha. Cada equipo xoga catro xogos contra cada opoñente da división (20), tres xogos contra cada opoñente de conferencia que non é da división (18) e dous xogos contra cada opoñente que non é da conferencia (24), facendo isto un total de 62 xogos.

Os oito equipos mellor clasificados de cada conferencia clasifícanse para disputar os playoffs polo título de campión. As roldas eliminatorias dispútanse entre equipos da mesma conferencia. Deste xeito, en cada conferencia dispútanse eliminatorias de cuertos de final, semifinais e finais, de onde saen os dous equipos que xogarán a gran final pola Copa Gagarin. Cómpre destacar que os gañadores de cada división obteñen consideración de cabezas de serie. Desta forma, ocupan o primeiro e segundo postos cabeza de serie en función do seu balance en temporada regular. Todas as roldas de playoffs xóganse como series ao mellor de sete encontros.

Na temporada 2012−13, introduciuse a Copa Nadezhda (Copa da Esperanza), un torneo de consolación para os equipos que non se clasificaron para os playoffs. O equipo gañador do torneo gaña a primeira selección xeral no Draft da KHL. O torneo ten como obxectivo estender a temporada e axudar a manter o interese no hockey nas cidades destes equipos.[2]

División Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Debut Adestrador Capitán
Conferencia Oeste
Bobrov HC Sochi Rusia Sochi Bolshoy Ice Dome 12 000 2014 Rusia Andrei Nazarov Rusia Yury Alexandrov
HC Vityaz Rusia Podolsk Vityaz Ice Palace 5 500 1996 2008 Rusia Yuri Babenko Rusia Fyodor Malykhin
SKA San Petersburgo Rusia San Petersburgo Ice Palace 12 300 1946 2008 Rusia Valery Bragin Rusia Evgeny Timkin
Spartak Moscova Rusia Moscova Megasport Arena 12 126 1946 2008 Rusia Boris Mironov Rusia Sergei Shirokov
Torpedo Nizhny Novgorod Rusia Nizhny Novgorod Trade Union Sport Palace 5 500 1947 2008 Canadá David Nemirovsky Rusia Anton Shenfeld
Tarasov CSKA Moscova Rusia Moscova CSKA Arena 12 100 1946 2008 Rusia Sergei Fedorov Rusia Sergei Andronov
Dinamo Minsk Belarús Minsk Minsk-Arena 15 086 2004 2008 Canadá Craig Woodcroft Belarús Artyom Demkov
Dynamo Moscova Rusia Moscova VTB Arena 10 495 1946 2008 Rusia Alexei Kudashov Rusia Vadim Shipachyov
Lokomotiv Yaroslavl Rusia Yaroslavl Arena 2000 9 070 1959 2008 Casaquistán Igor Nikitin Rusia Alexei Marchenko
Severstal Cherepovets Rusia Cherepovets Ice Palace 5 583 1956 2008 Rusia Andrei Razin Rusia Yegor Morozov
Conferencia Leste
Kharlamov Ak Bars Kazan Rusia Kazán TatNeft Arena 8 895 1956 2008 Rusia Dmitri Kvartalnov Rusia Danis Zaripov
Avtomobilist Ekaterimburgo Rusia Ekaterimburgo KRK Uralets 5 545 2006 2009 Canadá Nikolai Zavarukhin Rusia Nikita Tryamkin
Metallurg Magnitogorsk Rusia Magnitogorsk Arena Metallurg 7 704 1950 2008 Rusia Ilya Vorobyov Rusia Yegor Yakovlev
Neftekhimik Nizhnekamsk Rusia Nizhnekamsk SCC Arena 5 500 1968 2008 Belarús Oleg Leontyev Rusia Marat Khairullin
Red Star Kunlun República Popular da China Pequín (Mytishchi) Mytishchi Arena 7 000 2016 Italia Ivano Zanatta Canadá Brandon Yip
Traktor Cheliabinsk Rusia Cheliabinsk Traktor Ice Arena 7 500 1947 2008 Rusia Anvar Gatiyatulin Rusia Sergei Kalinin
Chernyshev Admiral Vladivostok Rusia Vladivostok Fetisov Arena 5 500 2013 Belarús Alexander Andriyevsky Rusia Dmitry Lugin
Amur Khabarovsk Rusia Khabarovsk Platinum Arena 7 100 1966 2008 Rusia Mikhail Kravets República Checa Michal Jordan
Avangard Omsk Rusia Omsk (Balashikha) Balashikha Arena 5 678 1950 2008 Canadá Bob Hartley Rusia Alexei Emelin
Barys Nur-Sultan Casaquistán Nur-Sultan Barys Arena 11 502 1999 2008 Casaquistán Yuri Mikhailis CasaquistánDarren Dietz
Salavat Yulaev Ufa Rusia Ufa Ufa Arena 8 070 1957 2008 Finlandia Tomi Lämsä Rusia Grigori Panin
Sibir Novosibirsk Rusia Novosibirsk Ice Sports Palace Sibir 7 420 1962 2008 Rusia Andrei Martemyanov Rusia Oleg Li

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Por nacionalidade

[editar | editar a fonte]

A nacionalidade dun xogador é ás veces ambigua por diversas razóns. Para a táboa que se presenta a continuación, a nacionalidade "determínase en función do último país que o xogador representou nunha competición internacional. Se un xogador nunca xogou para un equipo nacional, xeralmente elíxese o país de nacemento como a nacionalidade do xogador, a menos que haxa probas sólidas que indiquen o contrario".[3] Para os xogadores nados en antigas repúblicas soviéticas, a situación adoita ser máis complexa debido á dobre cidadanía e a naturalización. O xogadores non rusos representan ao redor do 30-35% dos xogadores da KHL, sendo na súa maioría centroeuropeos, nórdicos e norteamericanos. Cómpre destacar que os equipos rusos están limitados a un máximo de cinco xogadores estranxeiros por equipo.[4]

País (equipos actuais) 2012–13 2013–14 2014–15 2015–16 2016–17 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21
Austria Austria 1
Belarús Belarús (1 equipo) 33 43 50 41 38 39 35 49 50
Bélxica Bélxica 1
Canadá Canadá 32 63 51 35 53 51 58 60 47
República Popular da China China (1 equipo) 3 2
Croacia Croacia 1 4 4 4 6 2 1
República Checa República Checa 45 47 29 35 35 33 28 20 23
Dinamarca Dinamarca 1 2 4 3 5 6 4 3
Finlandia Finlandia (1 equipo) 40 37 51 48 51 42 45 46 54
Francia Francia 1 1 2 3 1 1
Alemaña Alemaña 1 2 2 1 2 3
Italia Italia 2 2
Israel Israel 1
Casaquistán Casaquistán (1 equipo) 33 37 34 40 37 38 33 38 30
Letonia Letonia (1 equipo) 35 34 29 34 33 33 29 35 34
Lituania Lituania 2 1 1
Noruega Noruega 3 3 3 1 1
Rusia Rusia (19 equipos) 569 599 613 657 678 661 596 586 659
Eslovaquia Eslovaquia 53 44 32 28 28 24 24 6 6
Eslovenia Eslovenia 2 4 4 4 4 3
Corea do Sur Corea do Sur 1 1
Suecia Suecia 24 21 27 26 23 25 24 30 33
Suíza Suíza 1 1
Ucraína Ucraína 12 17 2 2 4 2
Estados Unidos Estados Unidos 14 21 26 20 25 20 20 14 17
Total 896 976 960 983 1 027 983 908 893 961

Estatísticas de xogadores

[editar | editar a fonte]

Récords nunha temporada

[editar | editar a fonte]

Liga regular

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista cos mellores rexistros acadados por xogadores de forma individual.[5]

Récord Nome Temporada
Puntos 85 Rusia Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17
Goles 48 Rusia Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17
Asistencias 65 Rusia Nikita Gusev (SKA) 2018–19
Tiros a porta 253 Canadá Darren Dietz (Barys) 2018–19
Plus/minus 48 Rusia Vladislav Gavrikov (SKA) 2018–19
Penalty minutes 374 Canadá Darcy Verot (Chekhov) 2009–10
Vitorias 38 República Checa Jakub Kovář (Avtomobilist) 2018–19
Shutouts 13 Rusia Alexei Murygin (Yaroslavl) 2015–16
Récord Nome Temporada
Puntos 33 Rusia Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14
Goles 15 Rusia Evgenii Dadonov (SKA) 2014–15
Rusia Danis Zaripov (Magnitogorsk) 2016–17
Asistencias 20 Rusia Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14
Canadá Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17
Tiros a porta 82 Rusia Evgeny Kuznetsov (Chelyabinsk) 2012–13
Plus/minus 16 Eslovaquia Dominik Graňák (Dynamo Moscova) 2012–13
Canadá Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17
Penalty minutes 69 Rusia Maxim Goncharov (Ufa) 2015–16
Vitorias 16 Rusia Alexander Yeryomenko (Dynamo Moscova) 2011–12, 2012–13
Rusia Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) 2013–14
Finlandia Mikko Koskinen (SKA) 2014–15
Rusia Emil Garipov (Kazan) 2017–18
Rusia Ilya Sorokin (CSKA Moscova) 2018–19
Shutouts 7 Suecia Lars Johansson (CSKA Moscova) 2020–21

Récords en toda a carreira

[editar | editar a fonte]

Liga regular

[editar | editar a fonte]
Récord Nome Anos
Puntos 756 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Goles 351 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Asistencias 434 Rusia Vadim Shipachyov (Cherepovets, SKA, Dynamo) 2008–2021
Partidos xogados 685 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Plus/minus 224 Rusia Alexander Radulov (Ufa, CSKA) 2008–2016
Penalty minutes 1050 Rusia Yevgeni Artyukhin (SKA, Atlant, CSKA, Novosibirsk, Dynamo, Vityaz) 2008–2021
Vitorias 271 Rusia Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Shutouts 71 Rusia Vasily Koshechkin (Togliatti, Mognitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Récord Nome Anos
Puntos 172 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Goles 68 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Asistencias 104 Rusia Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Partidos xogados 161 Rusia Yevgeny Biryukov (Magnitogorsk, Ufa) 2008–2021
Plus/minus 52 Rusia Danis Zaripov (Kazán, Magnitogorsk) 2008–2021
Penalty minutes 312 Rusia Grigori Panin (Kazán, CSKA, Ufa) 2008–2021
Vitorias 71 Rusia Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Shutouts 16 Rusia Ilya Sorokin (CSKA) 2015–2020

Estatísticas de equipos

[editar | editar a fonte]

Desde a súa fundación en ano 2008 teñen xogado 35 equipos diferentes na KHL, con 32 deles conseguindo nalgunha ocasión clasificarse para os play-offs. Dos 24 equipos actuais, tan só o Metallurg Novokuznetsk e o Khimik Voskresensk nunca conseguiron disputar as eliminatorias pola Copa Gagarin. Actualmente, ningún deses dous equipos forman parte da competición. A táboa mostra a clasificación final da liga regular de todos os equipos, coa súa actuación nos play-offs indicada por medio de cores. Os equipos están ordenados en función dos seus mellores resultados no campionato.

 [a]: Inclúe as participacións do Dynamo Moscova antes da súa fusión co HC MVD en 2010
 [b]: Non participou na tempada 2011-12 a causa do accidente aéreo que o 7 de setembro de 2011 matou a todo o equipo
 [2020]: Semifinais de conferencia canceladas debido á pandemia de COVID-19

Datos de asistencia

[editar | editar a fonte]

Dende a súa creación no 2008, a KHL foi acadando unha maior popularidade que se traduciu nun aumento na asistencia do público aos pavillóns, producíndose un aumento de case 1 000 espectadores na audiencia media dende a tempada inaugural até a temporada 2012−13  a pesar de producirse un aumento no número de equipos. A continuación preséntanse os datos de asistencia total e media aos partidos da KHL por tempada.[6][7][8][9]

Tempada Asistencia total Asistencia media
2008–09 3 886 948 6 233
2009–10 4 223 698 6 264
2010–11 4 293 271 6 944
2011–12 4 320 908 6 861
2012–13 4 775 086 6 912
2013–14 5 190 133 6 614
2014–15 6 066 093 7 405
2015–16 5 875 645 7 065
2016–17 5 892 889 7 210
2017–18 5 318 175 7 005
2018–19 5 644 804 7 544
2019–20 5 118 949 6 854

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Temporada Equipos Campión da Copa Gagarin Finalista da Copa Gagarin Resultado Gañador da Copa Continental Máximo goleador
2008–09 24 Ak Bars Kazan Lokomotiv Yaroslavl 4–3 Salavat Yulaev Ufa* (129 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 34 G, 42 A)
2009–10 24 Ak Bars Kazan HC MVD 4–3 Salavat Yulaev Ufa (129 puntos) Sergei Mozyakin (66 puntos: 27 G, 39 A)
2010–11 23 Salavat Yulaev Ufa Atlant Moscow Oblast 4–1 Avangard Omsk (118 puntos) Alexander Radulov (80 puntos: 20 G, 60 A)
2011–12 23 Dynamo Moscova Avangard Omsk 4–3 Traktor Chelyabinsk (114 puntos) Alexander Radulov (63 puntos: 25 G, 38 A)
2012–13 26 Dynamo Moscova Traktor Chelyabinsk 4–2 SKA San Petersburgo (115 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 35 G, 41 A)
2013–14 28 Metallurg Magnitogorsk HC Lev Praha 4–3 Dynamo Moscova (115 puntos) Sergei Mozyakin (73 puntos: 34 G, 39 A)
2014–15 28 SKA San Petersburgo Ak Bars Kazan 4–1 CSKA Moscova (139 puntos) Alexander Radulov (71 puntos: 24 G, 47 A)
2015–16 28 Metallurg Magnitogorsk CSKA Moscova 4–3 CSKA Moscova (127 puntos) Sergei Mozyakin (67 puntos: 32 G, 35 A)
2016–17 29 SKA San Petersburgo Metallurg Magnitogorsk 4–1 CSKA Moscova (137 puntos) Sergei Mozyakin (85 puntos: 48 G, 37 A)
2017–18 27 Ak Bars Kazan CSKA Moscova 4–1 SKA San Petersburgo (138 puntos) Ilya Kovalchuk (63 puntos: 31 G, 32 A)
2018–19 25 CSKA Moscova Avangard Omsk 4–0 CSKA Moscova (106 puntos) Nikita Gusev (82 puntos: 17 G, 65 A)
2019–20 24 Cancelada debido á pandemia de COVID-19 CSKA Moscova (94 puntos) Vadim Shipachyov (65 puntos: 17 G, 48 A)
2020–21 23 Avangard Omsk CSKA Moscova 4–2 CSKA Moscova (91 puntos) Vadim Shipachyov (66 puntos; 20 G, 46 A)

*Na primeira tempada, o Salavat Yulaev Ufa foi o campión da liga regular, mais a Copa Continental aínda non era entregada.

  1. Across the Pond (NHL.com)[Ligazón morta]
  2. "Cup of Hope". khl.ru. 22 January 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 07 de decembro de 2021. 
  3. "QuantHockey FAQ: How is player nationality determined?". quanthockey.com. 
  4. "KHL - 2012-2013". Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  5. "Kontinental Hockey League Records". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  6. "Attendance figures in European hockey leagues 2009-2010". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  7. "Attendance in Europe and health of the fan culture 10/11". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  8. "Regular-Season average attendance Europe & Asia 2011-2012". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2013. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  9. "Regular-Season average league attendance Europe & Asia 2012-2013". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.