Koke Vegas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jorge Ruiz Ojeda 27 de setembro de 1995 (29 anos) Antequera, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jorge Ruiz Ojeda, nado o 27 de setembro de 1995 en Antequera, é un futbolista español, que xoga de gardameta no Rhode Island FC, do USL Championship.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en Antequera o 27 de setembro de 1995, sendo fillo do exfutbolista Kiko Vegas, porteiro entre outros clubs do CD Málaga nos anos 80.[1] Seguiu os pasos de seu pai e formouse como gardameta de fútbol na canteira do Antequera da súa vila natal, pasando tamén polas categorías inferiores doutros clubs andaluces como o Málaga CF ou o Sevilla. En abril de 2011, con só 15 anos, debutou co primeiro equipo do Antequera na Terceira División, nun partido ante o Huétor Tájar.
Espanyol
[editar | editar a fonte]Ese mesmo ano, despois de realizar probas co Villarreal e o Aston Villa, ingresou no equipo xuvenil do Espanyol.[2] En 2013 subiu ao Espanyol B, da Segunda División B, categoría na que debutou o 6 de abril de 2014 nun partido ante o Hospitalet. Na tempada 2014/15 disputou 16 partidos co filial.
Levante
[editar | editar a fonte]A continuación fichou por outro filial, o Atlético Levante, da mesma categoría. Foi titular na maioría de partidos da tempada 2015/16, contribuíndo a lograr a permanencia. O 4 de setembro de 2016 debutou co primeiro equipo do Levante na Segunda División, nun partido ante o Gimnàstic de Tarragona.[3]
Para a campaña 2017/18 saíu cedido ao Alcoyano, de Segunda B, pero foi recuperado polo Levante no mercado invernal para substituír no primeiro equipo ao australiano Mitch Langerak, traspasado ao Xapón.[4] Debutou na Primeira División na derradeira xornada de liga, fronte ao Celta de Vigo en Balaídos, encaixando catro goles (4-2).[5] Na seguinte tempada foi o terceiro porteiro do equipo, por detrás de Oier Olazábal e Aitor Fernández, sumando só un partido, de novo na última xornada.
Para a tempada 2019/20 foi cedido ó Deportivo da Coruña, da Segunda División.[6] No club galego continuou sen apenas oportunidades, sendo titular indiscutible o vigués Dani Giménez, polo que participou só en dous partidos da Copa do Rei, fronte a Illueca e Unionistas.
O 31 de xaneiro de 2020 foi repescado polo Levante, trala marcha de Oier do club valenciano rumbo ao Espanyol.[7] Inicialmente era o segundo porteiro do equipo por detrás de Aitor Fernández, pero acabou sendo a terceira opción do adestrador Paco López trala irrupción de Dani Cárdenas. Por este motivo, en febreiro de 2021 foi cedido ao Mallorca, de Segunda, onde xogou só o partido da última xornada, co equipo de Luis García xa ascendido. No verán de 2021 o seu contrato co Levante foi rescindido.[8]
Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Despois de cinco meses sen equipo e de ter disputado só oito partidos nos últimos catro anos e medio, en febreiro de 2022 decidiu probar sorte no fútbol dos Estados Unidos, asinando como novo xogador do San Diego Loyal, do USL Championship, segunda categoría do país.[9] Ás ordes do histórico exfutbolista Landon Donovan, fíxose inmediatamente coa titularidade e acadou os play-offs da liga dous anos seguidos. Xogou un total de 65 partidos oficiais co club californiano e o 22 de outubro de 2023 participou no derradeiro encontro da historia do club, fronte ao Phoenix Rising FC.[10]
Trala desaparición do Loyal, en novembro de 2023 converteuse na primeira fichaxe da historia do Rhode Island FC, club de nova creación adestrado polo antigo internacional bermudense Khano Smith.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Koke Vegas, un portero cofrade de Primera" (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Koke Vegas, un futuro prometedor" (en castelán). 15 de maio de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Levante deja escapar al final los primeros puntos". Marca (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Levante recupera al guardameta Koke Vegas tras la salida de Langerak" (en castelán). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "El día que Vegas vio a al malagueño Koke cumplir su sueño" (en castelán). 19 de maio de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Koke Vegas, portero del Levante, llega cedido al Deportivo". La Vanguardia (en castelán). 16 de xullo de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ Sancho de Rosa, Luis (31 de xaneiro de 2020). "El Levante recupera a Koke Vegas del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "El Levante rescinde el contrato de Koke Vegas" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ Picó, Diego (11 de febreiro de 2022). "Koke Vegas se lanza a la aventura americana". Marca (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ Tripp, Darnay (23 de outubro de 2023). "San Diego Loyal's impactful four-year run ends with 4-3 playoff loss to Phoenix Rising" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Rhode Island FC Signs First Player Ahead of Inaugural Season" (en inglés). 1 de novembro de 2023. Consultado o 12 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán)