Saltar ao contido

Koelreuteria paniculata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Koelreuteria paniculata

Follas e floración
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: 'Koelreuteria'
Nome binomial
''Koelreuteria paniculata''
Laxm., 1772
Folla
Froitas e flores maduras
Cápsulas inmaturas.
Froitos e sementes maduras.

Koelreuteria paniculata é unha especie de planta arbórea da familia Sapindaceae, orixinaria de Asia Oriental, en particular de China e Corea.[1] [2] [3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore caducifolia de tamaño pequeno ou mediano que alcanza os 7 m de altura, cunha copa ancha en forma de cúpula. As follas son pinnadas, de 15-40 cm de lonxitude, raramente de ata 50 cm, con 7-15 folíolos de 3-8 cm de longo, cunha marxe bilobulada.

As flores son amarelas, con catro pétalos organizados asimétricamente cunha mancha vermella-laranxa na base, que medran nunha gran panícula terminal de 20-40 cm de lonxitude. O froito é unha cápsula de 3-6 cm de longo e 2-4 cm, verde e que se volve rosa-laranxa ao madurar no outono; contén varias sementes de cor marrón escura a negra de 5-8 mm de diámetro.

Cultívase popularmente como árbore ornamental en rexións temperadas do mundo polo aspecto estético das súas flores, follas e vainas de sementes. Seleccionáronse varios cultivares para plantar no xardín, incluíndo "Fastigiata" cunha coroa estreita e "Gold September", que florece a finais do verán.

Esta planta gañou o premio ao mérito do xardín da Royal Horticultural Society.[4]

As sementes son comestíbeis cando se asan, pero non se comen habitualmente.

Nalgunhas áreas, sobre todo o leste dos Estados Unidos e particularmente Florida, considérase unha especie invasora.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Koelreuteria paniculata foi descrita por Erich Laxmann e publicada en Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperalis Petropolitanae 16: 563–564, f. 1. 1772. [5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Koelreuteria - Foi o nome xenérico dado en homenaxe a Joseph Gottlieb Kölreuter (1733–1806 ), un botánico, médico, profesor de Historia Natural e director do Xardín Botánico de Karslruhe.[6] A letra -o- con umlaut (os dous puntos similares á diérese) transcríbese -oe- (Koelreuter = Kölreuter). En portugués o nome pasou a Coreutéria.

paniculata : epíteto latino que significa "con panículas".[7]

Variedades

[editar | editar a fonte]

Todas as variedades e outros taxons infraespecíficos descritos son sinónimos da especie.

  • Koelreuteria apiculata Rehder & E. H. Wilson
  • Koelreuteria bipinnata var. apiculata (Rehder & EH Wilson) FC How & CN Ho
  • Koelreuteria chinensis (Murray) Hoffmanns.
  • Koelreuteria paniculata var. apiculata (Rehder & EH Wilson) Rehder
  • Koelreuteria paniculata var. lixianensis H. L. Tsiang
  • Paullinia aurea Radlk.
  • Sapindus chinensis Murray
  • Sapindus paniculata (Laxm. ) Dum. Cours.[8]

Nomes comúns

[editar | editar a fonte]
  • En portugués o nome científico derivou en Coreutéria
  • En castelán ten diversos nomes, como jabonero de la China, árbol de los farolillos ou árbol del barniz.[9]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "PLANTS Profile for Koelreuteria paniculata (goldenrain tree)". Natural Resources Conservation Service. United States Department of Agriculture. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  2. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964. 
  3. goldenrain tree.Encyclopædia Britannica Online. Encyclopædia Britannica. Retrieved 2008-07-12.
  4. "Plant selector (Copia arquivada)". RHS.org. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2013. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  5. "Koelreuteria paniculata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de enero de 2013. 
  6. En Nombres botánicos
  7. En Epítetos Botánicos
  8. Koelreuteria paniculata en PlantList
  9. "Saindaceae" (PDF). Flora Ibérica. Consultado o 4 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]