Saltar ao contido

Kiti Mánver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kiti Manver»)
Modelo:BiografíaKiti Mánver

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Isabel Ana Mantecón Vernalte Editar o valor en Wikidata
11 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Antequera, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Premios

Sitio webkitimanver.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0544330 Allocine: 73989 Allmovie: p45222
Twitter: kitimanver BNE: XX1413818 Editar o valor en Wikidata

María Isabel Ana Mantecón Vernalte, nada en Antequera (Málaga) o 11 de maio de 1953, é unha actriz española, coñecida como Kiti Mánver.[1] A súa traxectoria cinematográfica inclúe filmes dirixidos por Pedro Almodóvar, José Luis Garci e Álex de la Iglesia.[2] Tamén desenvolveu unha ampla traxectoria en producións para a televisión e no teatro.[3]

Na sexta edición dos premios Goya, celebrada en 1992,[4] recibiu o premio á mellor actriz secundaria pola súa interpretación no filme dirixido por Enrique Urbizu Todo por la pasta.[5] En 2014 foi recoñecida co Premio Ceres[6] polo seu papel na obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio.[7]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mánver viviu en Málaga ata os trece anos, cando a súa familia se mudou a Madrid, aínda que mantivo o contacto co sur pola súa afección á actividade campesiña, que a relaxa. Comezou a traballar no cinema con dezasete anos, e, aínda que protagonizou o primeiro espido do teatro español, como feminista posicionouse contra o destape.[8]

Traballou con directores como Manuel Gutiérrez Aragón,[9] Pedro Almodóvar, Manuel Gómez Pereira, Gerardo Vera, José Luis García Sánchez, Álvaro Fernández Armero, Álex de la Iglesia e José Luis Garci.[10]

Obtivo o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria en 1991 pola súa interpretación no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, que protagonizou xunto coa tamén malagueña María Barranco.[11][12]

En 2017 foi a actriz principal da obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio, que se presentou en Londres como parte del Festival de Teatro Español.[7]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Kiti Mánver". IMDb. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  2. "Entrevista a KITI MÁNVER (actriz); JUAN CARLOS RUBIO, (dtor. teatral) y CHEVI MURADAY, (Premio Nacional de Danza)". RTVE.es (en castelán). 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  3. Morales Fernández, Clara (28 de agosto de 2014). "Privilegiados entre esclavos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  4. "6 Edición de los Premios Goya (1992) - Películas de 1991". FilmAffinity (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  5. Premios Goya (30 de xuño de 2016). "Kiti Mánver, Goya 1992 a Mejor Actriz de Reparto". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  6. "Kiti Mánver, Premio Ceres 2014 a la Mejor Actriz por «Las heridas del viento»". abc (en castelán). 11 de agosto de 2014. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Ripa, Jaime (11 de agosto de 2014). "“Da igual la vigencia que le demos al teatro si el público no va”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  8. Kiti Mánver: «Durante el destape había una especie de acoso y de obligación para hacerte fotos en pelotas»
  9. Gutiérrez Aragón, Manuel; Torres, Augusto M. (1992). Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón (en castelán). Editorial Fundamentos. ISBN 9788424506193. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  10. Europa Press (11 de agosto de 2014). "Kiti Mánver, mejor actriz en Mérida". Diario El Mundo (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  11. La Ficha Rosa Del Trivial (20 de decembro de 2013). "Entrevista a la actriz Kiti Manver". La ficha rosa del trivial (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  12. Kiti Manver (2013)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]