Kenpo
Kenpo ou Kempo (拳法) é un nome descritivo de varios artes marciais xaponeses con orixes chinesas. É tamén un nome descritivo de artes marciais híbridos creados en base a artes marciais xaponeses e chineses.
A palabra kenpo é a tradución en idioma xaponés da palabra en idioma chinés Chuan Fa. Ambas significan “método de loita a man baleira”. A historia precisa que a finais do século XIV (1390), emigrantes chineses chegan ó Xapón e introducen o Chuan Fa en Okinawa. Xa en Okinawa existía un método de loita denominado Naha-Té, “igualmente man baleira”. A fusión destes elementos deu lugar ó kenpo. O kenpo creouse no interior da familia xaponesa Mitose. A familia creou un método de defensa persoal e ensinaron este sistema unicamente ós membros do clan. O nome que recibiría é o de Coso (estilo do Bello Piñeiro). O nome transcendería como Coso Shorei Ryu Kenpo.
O descendente número 21 do Clan, James Masayoshi Mitose, naceu en Hawai e volveu ó Xapón para aprender a arte familiar. En Hawai fundou a escola onde ensinou Kenpo a persoas non xaponesas. Entre os seus alumnos destacan entre outros Jiro Nakamura, Thomas Young, William Chow, Paul Yamaguchi, Arthur Keawe e Edward Lowe. O Mestre William Chow tivo por alumnos, entre outros, a dous homes moi importantes na historia do kenpo Adriano Emperado e Ed Parker. En Hawaii o kenpo tivo unha transformación cara á busca da efectividade en técnicas de defensa persoal, e así o que se traballa hoxe en día é a defensa contra ataques típicos. Actualmente o máximo expoñente do sistema Kosho Shorei Ryu Kenpo é o Mestre Thomas Barro Mitose.
Tipos de kenpo
[editar | editar a fonte]Shiorinshi kenpo, Nippon kenpo, Kenpo Kai, Kenpo karate, Kajukenbo, Kenpo contact, Goshin ryu kenpo, Kenpo 5.0, Agni kenpo, Bulgarian kenpo, Kenpo shorinji, Fu Shih Kenpo.
Adestramento do kenpo
[editar | editar a fonte]O kenpo, aínda que se desenvolveu no Xapón, ten un parecido maior coas artes marciais chinesas ou filipinas. A diferenza da maioría das artes marciais xaponesas que se basean nun só golpe para eliminar o adversario, o kenpo ten múltiples golpes precisos en puntos vitais que debilitan ó adversario ata o punto que se desexe. O karate normal xeralmente utiliza ataques e bloqueos lineais, mentres que o kenpo engade ataques circulares chineses, como o gancho ou o uppercut. O kenpo ten á súa vez un maior número de movementos de agarre, manipulación, varridos etc.
Indumentaria
[editar | editar a fonte]No Kenpo a indumentaria é: Un Hakama, ou un Kimono completo de cor negra. Os kimonos levan o escudo da escola no peito ó lado esquerdo, que é o símbolo do seu sistema Kenpo. Os grados mídense polo cinto; branco, amarelo, laranxa, púrpura, azul, verde, marrón (I, II, III) e negro, con dez dans.
O Kenpo en España
[editar | editar a fonte]O Kenpo en España No 1976 o Mestre Raúl Gutiérrez (9ºDAN) trouxo a España a arte do Kenpo ata entón totalmente descoñecido. Sentou as súas bases en Madrid e douno a coñecer por case toda Europa e algúns países iberoamericanos. O seu estilo chámase Fu-Shih Kenpo. Así, o Mestre Raúl Gutiérrez converteuse no pioneiro en Europa do Kenpo. Anos máis tarde tivo o honor de ser presentado á familia Mitose, os cales o recoñeceron oficialmente como Mestre de Kenpo. O seu símbolo é un Tigre fero e agresivo, con afán dominante ben polo seu carácter, ben porque o seu porte maxestoso lévao inherente. Pois o Tigre foi ata o día de hoxe a figura da forza e do poder, un liderado e determinación.
O Xuramento
[editar | editar a fonte]Veño cara a ti coas miñas mans baleiras. Non teño armas, pero, se estou obrigado a defenderme, a defender os meus principios ou o meu honor, sexa cuestión de vida ou morte, de dereito ou de inxustiza, entón aquí están as miñas armas: as miñas mans baleiras.
Os estilos máis coñecidos de kenpo
[editar | editar a fonte]- Kenpo americano,
- Kajukenbo,
- Shorinji kenpo (kenpo de Shaolin),
- Kempo tai jutsu,
- Tracy kenpo,
- Kenpo jiu-jitsu,
- Kenpo Kai.