Kasabian
Orixe | Leicestershire, Inglaterra |
---|---|
Período | 1999 – presente |
Xénero(s) | Indie rock, Space rock, Electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | RCA, Sony Music, Columbia |
Membros | Tom Meighan Sergio Pizzorno Chris Edwards Ian Matthews |
Artistas relacionados | Noel Fielding, Oasis, Loose Tapestries, The S.L.P. |
Na rede | |
http://www.kasabian.co.uk/ | |
Kasabian son unha banda inglesa de rock alternativo formada en Leicestershire en 1999. Orixinalmente formada polo vocalista Tom Meighan, o guitarrista Christopher Karloff, o guitarrista e corista Sergio Pizzorno e o baixista Chris Edwards, a banda editou cinco álbums de estudio: Kasabian (2004), Empire (2006), West Ryder Pauper Lunatic Asylum (2009), Velociraptor! (2011) e 48:13 (2014). Actualmente, a banda a compoñen Meighan, Pizzorno, Edwards, e o batería Ian Matthews.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos (1999-2002)
[editar | editar a fonte]A banda formouse nun comezo co nome de "Saracuse", empezando a gravar nos Bedrock Studios situados en Leicester, onde Chris Edwards traballou coma técnico.
Os membros orixinais da banda proviñan de Countesthorpe e Blaby. A banda formouse mentres Pizzorno e Meighan asistían ao Countesthorpe Community College. A influencia de The Stone Roses pódese escoitar nas súas primeiras cancións. A primeira demo EP foi producida por Scott Gilbert e fíxose a finais de decembro de 1999. A súa primeira aparición pública foi no Club de Rugby Vipers para celebrar o aniversario número 18 de Chris Edwards coa súa familia e algúns amigos. A banda rapidamente captou a atención do público, polo que mudaron o seu nome a Kasabian, tirado do nome de Linda Kasabian, a moza grávida que conduciu o coche no que fuxiu Charles Manson tras a matanza na casa de Sharon Tate, esposa de Roman Polanski. Nunha entrevista coa Ukula, o baixista Chris Edwards explicou que o ex guitarrista Chris Karloff escollera o nome lendo sobre Charles Manson... "Simplemente pensaba que era xenial, tomou aproximadamente un minuto para que o resto de nosoutros a escoitara... e se decidiran", di Edwards. Ademais, Kasabian significa "carniceiro" en armenio.
Álbum Debut (2003-2005)
[editar | editar a fonte]O seu álbum debut foi lanzado no Reino Unido o 13 de setembro de 2004 recibindo boas vendas e, en xeral boas críticas. Durante a gravación, a banda viviu nunha granxa preto de Rutland Water para evitar ser incomodados. Kasabian presentouse no Festival de Glastonbury de 2005 no denominado "Other Stage".
A pesar de ter dous singles "Processed Beats" e "Reason Is Treason", non foi ata o lanzamento do terceiro single " Club Foot" que obtiveron éxito nas listas. A canción, que foi escrita nos primeiros anos de Kasabian, chegou a gozar do éxito crítico e comercial, converténdose nunha das mellores cancións da banda, e que non pode faltar en todas as actuacións en vivo desde o seu lanzamento. A canción foi o tema para o xogo de skate Tony Hawk's Project 8, o Pro Evolution Soccer 5 e o WRC: Rally evolved, así coma banda sonora das películas The Guardian e Goal!. Pola outra banda "Reason is treason" foi incluída no xogo Gran Turismo 4 para PlayStation 2 e Shaun White Snowboard na Xbox 360. "LSF (Lost Souls Forever)" foi incluída no xogo FIFA 2004.
Durante este período, varios baterías tocaron con Kasabian, xa que non tiñan un batería permanente. Durante a gravación en Bristol, a banda reuniuse con Ian Matthews, que apareceu nos créditos tocando en "Processed Beats", "Butcher Blues", "Weeds" e posiblemente noutras cancións no álbum debut e lados B. Pedíuselle que fora de xira con eles en 2004 e converteuse nun membro permanente en abril de 2005.
Empire (2005-2007)
[editar | editar a fonte]Ao longo de 2005 a banda destacou por actuar como banda de soporte de Oasis nas súas xiras pola Europa. Isto trouxo moitos beneficios á banda. Noel Gallagher converteuse nunha influencia chave para a composición e gravación do novo álbum e tamén trouxo máis fans á banda. Durante as sesións de gravación, o guitarrista e compositor Cristopher Karloff abandonou a banda argumentando diferenzas artísticas e creativas co resto da banda, polo que se lle pediu que deixara Kasabian. Karloff contribuíu en tres cancións de Empire.
Finalmente en agosto de 2006 editouse o disco Empire, co lanzamento previo do single homónimo que alcanzou o posto 9 na lista de sinxelos inglesa debido á venda en Internet do mesmo, chegando a permanecer entre os dez primeiros durante catro semanas. Logo, en novembro, o segundo corte "Shoot the Runner" saíu á venda e alcanzou un respectable 17 posto. "Me Plus One" foi o terceiro single, lanzado o 29 de xaneiro no Reino Unido. Nos NME Awards gañaron o premio a mellor banda ao vivo, mentres que nese marco Noel Gallagher subiu ao escenario para interpretar xunto coa banda "The Doberman" e "Club Foot".
West Ryder Pauper Lunatic Asylum (2007-2010)
[editar | editar a fonte]A finais de 2007, a banda lanzou un novo EP chamado Fast Fuse que contiña o tema do mesmo nome e "Thicks as Thieves". Porén, o mesmo non tivo ningunha promoción, o cal non impediu que ambos foran incluídos no seu seguinte álbum.
Kasabian comezou a traballar no seu novo álbum desde finais de 2007 con Dan the Automator como produtor. O 5 de marzo de 2009 foi desvelado o título do novo álbum sería West Ryder Pauper Lunatic Asylum, e que sería lanzado o 8 de xuño de 2009. O 31 de marzo de 2009 púxose a disposición de quen quixese unha nova canción, "Vlad the Impaler" para ser descargada por un período de 4 días como adianto ao novo disco. O vídeo é protagonizado polo comediante Noel Fielding do programa The Mighty Boosh. O primeiro single oficial sería "Fire", que se lanzou o 1 de xuño cun éxito notable, debido en gran parte a que foi empregado para a apertura das transmisións para os partidos da Premier League. Os seguintes singles serían "Where Did All The Love Go?" e "Underdog", sendo este último utilizado na película Takers. Serían cabeza de cartel para o Festival de Glastonbury de 2009.
West Ryder Pauper Lunatic Asylum chegou ao #1 dúas semanas despois do seu lanzamento, mantendo esa posición o mesmo período de tempo. Foi candidato ao Mercury Prize de 2009, e ganaron o premio ao mellor álbum nos Q Awards dese ano. No 2010 lograron obter o premio á mellor banda nos Brit Awards e ao "Mellor acto do mundo hoxe" nos Q Awards.
Velociraptor! (2010-)
[editar | editar a fonte]Kasabian comezou a traballar no novo álbum desde novembro de 2010, de novo coa produción de Dan the Automator. Sergio Pizzorno declarou nunha entrevista que este disco sería "o noso OK Computer" en referencia ao aclamado disco dos seus compatriotas Radiohead.
Pouco a pouco fóronse revelando algúns dos títulos das cancións, aínda que por exemplo no caso de "The Green Fairy" que a banda achegou para o filme London Boulevard, aparece no disco baixo o nome de "La Fee Verte", e non é a mesma versión que a que aparece no álbum. O 7 de xuño de 2011, estreouse no programa de radio de Zane Lowe a canción "Switchblade Smiles" que posteriormente foi o primeiro single do nuevo álbum que levaría o nome de Velociraptor!. Ese mesmo mes Kasabian presentouse no marco do Isle of Wight Festival (no que tocaron "Switchblade Smiles" e un novo tema: "Velociraptor!"), ao mesmo que se confirmou a súa participación no Rockness e no Rock Werchter para os seguintes meses.
O 22 de xullo saíu á luz un novo tema que sería "Days Are Forgotten", como tamén se anunciou o seu lanzamento como single para mediados de setembro. O álbum editouse finalmente o 16 de setembro. O 21 de outubro lanzouse o seguinte sinxelo promocional, "Re-wired", cun vídeo no cal a banda protagoniza unha persecución.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Kasabian | 2004 | Paradise, RCA |
Empire | 2006 | Paradise, RCA |
West Ryder Pauper Lunatic Asylum | 2009 | Paradise, RCA |
Velociraptor! | 2011 | RCA |
48:13 | 2014 | Columbia, Harvest |
For Crying Out Loud | 2017 | Sony Music, Columbia |
The Alchemist's Euphoria | 2022 | Sony Music |
Happenings | 2024 | Sony Music |