Saltar ao contido

Karl Fogel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Fogel
Biografía
Actividade
OcupaciónProgramador Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: kfogel GitHub: kfogel Editar o valor en Wikidata

Karl Fogel é un autor estadounidense[1], programador, director executivo da organización sen ánimo de lucro About QuestionCopyright[2], e antigo membro da xunta da Open Source Initiative onde desenvolveu a tarefa de tesoureiro. O seu traballo, Creando Software Libre, é unha fonte de información ben referenciada sobre o lado humano do software de fonte aberta.[3][4] Fogel actualizou este libro con licenza Creative Commons (CC BY-SA 4.0) a unha segunda edición no ano 2017[5] mediante unha exitosa campaña de crowdfunding en Kickstarter.com.[6]

Obra traducida ao galego

[editar | editar a fonte]
Capa para o libro deseñada por Ana García.

A obra Creando Software Libre foi traducida para o idioma galego grazas ao traballo totalmente voluntario de máis de 11 persoas coordinadas pola Asociación GHANDALF[7], tendo esta edición galega a mesma licenza libre que a orixinal e sendo o maquetado feito con software libre. O autor realizóu un prólogo especial para a versión en galego, que conta ademais cun poema da poetisa Yolanda Castaño, e un epílogo do escritor Suso de Toro.

  1. "Updating Producing Open Software for 2nd Edition". Kickstarter. 
  2. "Copying is never theft". About Question Copyright. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2018. 
  3. "Book Review of Karl Fogel's "Producing Open Source Software"". Groklaw. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. 
  4. "Producing Open Source Software". Producing Open Source Software. 
  5. "2nd Edition completed.". Kickstarter. 
  6. Fogel, Karl. "Libro en pdf" (PDF). Producingoss (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. 
  7. "Proxecto de tradución ao galego Poss-gl". producingoss. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]