KalPa Naiset
KalPa Naiset | |
---|---|
Fundación | 1989 |
Cidade | Kuopio, Savonia do Norte Finlandia |
Estadio | Olvi Areenalla (5 300 persoas) |
Liga | Naisten Liiga |
Campionatos | 0 |
Adestrador | Mika Väärälä |
Afiliado(s) | KalPa Akatemia (Naisten Suomi-sarja) |
Cores | Amarelo e negro |
Na rede | |
https://www.juniorikalpa.fi/joukkueet/5446 | |
Kalevan Pallo Naiset, ou simplemente KalPa Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Olvi Areena, un pavillón con capacidade para 5 300 persoas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O KalPa participou por primeira vez nunha liga feminina na tempada 1988–89, cando finalizou na última posición da I-divisioona, na que competían un total de seis equipos. Con todo, o equipo feminino xerou interese e reuniu as maiores audiencias da categoría, con 270 persoas nas bancadas nos seus partidos como local e 155 nos partidos que xogou como visitante. Esa tempada, na que tan só xogaron dez partidos, as máximas puntuadoras foron Nana Lamberg (2 0=2), Tuula Kuhmoinen (1 1=2) e Marika Lentz (1 1=2).[1]
Na tempada 1990–91 o equipo debutou na Naisten SM-sarja, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finés, finalizando na derradeira posición cos mesmos puntos que o SaiPa de Lappeenranta, co cal tivo que xogar un partido para decidir cal dos dous equipos se xogaba a permanencia. As de Lappeenranta leváronse o partido por tres goles a un e as xogadoras do KalPa tiveron que xogar unha serie ao mellor de tres partidos fronte o JoKP de Joensuu, primeiro clasificado do Grupo A da I-divisioona e que non conseguira o ascenso directo ante o Ketterä de Imatra. O KalPa comezou gañando o primeiro partido 2-3 na prórroga, mais o equipo carelio conseguiu a igualada no segundo partido (2-3), deixándoo todo por decidir no encontro decisivo, no que se acabaron impoñendo as de Kuopio (4-3).[2][3]
O seu maior éxito chegou na tempada 2019-20, cando o equipo disputou a final da Naisten Liiga fronte a Kiekko-Espoo, se ben a final non chegou a disputarse por mor da pandemia por coronavirus.[4] Con todo, na tempada seguinte conseguiu de novo chegar á final, de novo fronte ao equipo de Espoo, contra o que caeu en catro partidos (3-1).[5]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadoras
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2021[7]
- 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1995, 1996, 2017, 2023, 2024[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- Referencias
- ↑ "KalPa" (en finés). Leijonat.fi. 4 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de setembro de 2023.
- ↑ "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
- ↑ "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 25 de setembro de 2023.
- ↑ "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Maalikooste: Kapteeni Rajahuhta laukoi mestaruusmaalin – Kiekko-Espoo voitti Naisten Liigan mestaruuden" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "KOKOONPANO KalPa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 "KalPan naisille SM-hopeaa" (en finés). juniorikalpa.fi/. 26 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KalPa Naiset |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficail Arquivado 16 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. (en finés)
- KalPa Naiset en juniorikalpa.fi (en finés)