KH-4
KH-4 (Keyhole-4) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con diferentes variedades.[1][2][3][4][5][6][7]
KH-4 baseado no Agena B
[editar | editar a fonte]A primeira variedade de KH-4 estaba baseado na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra e era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado. Despois dos dous primeiros KH-4/Agena B, a designación Discoverer para estes satélites deixou de usarse. A carga útil de cada KH-4/Agena B consistía en dúas cámaras Corona panorámicas para obter imaxes estereoscópicas e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada polas cámaras. A bordo tamén ía unha "cámara índice" para conextualizar as fotografías de alta resolución. O conxunto das dúas cámaras formaba a denominada Corona-M ou cámara mural. Era fabricada por Itek Corporation e tiña unha resolución de entre 3,6 e 5,1 m.[4]
Cunha masa de 1200 kg cada un, lanzáronse once KH-4/Agena B durante 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B e todos chegando a órbita con éxito.[4]
KH-4 baseado no Agena D
[editar | editar a fonte]Similares aos KH-4/Agena B, usaban unha etapa final dos Agena D como corpo do satélite. Levaban igualmente unha cámara Mural de 7,5 m de resolución composta por dúas cámaras Corona e unha cápsula de retorno de película. Lanzáronse quince KH-4/Agena D usando Thor Agena D, dous deles fallando por problemas no foguete lanzador.[5]
KH-4A
[editar | editar a fonte]Os KH-4A estaban baseados na etapa final dos Agena D e usaban dúas cámaras J-1 panorámicas cunha lonxitude focal de 61 cm e unha resolución de 2,7 m, así como unha cámara índice cunha resolución de 162 m e unha cobertura de 308 x 308 km. Lanzáronse 52 KH-4A entre 1963 e 1969 usando Thor Agena D, tres deles fallando por problemas no foguete lanzador.[6]
KH-4B
[editar | editar a fonte]Os KH-4B usaban tamén unha etapa final Agena D, usando dúas cámaras J-3 panorámicas cunha lonxitude focal de 61 cm e unha resolución de 1,8 m, así como unha cámara índice cunha resolución de 30 m e unha cobertura de 260 x 260 km. Lanzáronse 17 KH-4B entre 1967 e 1972 usando Thor Agena D, fallando un deles por problemas do lanzador.[7]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
KH-4 1 | 27 de febreiro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 2 | 18 de abril de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 3 | 29 de abril de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 4 | 30 de maio de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 5 | 2 de xuño de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 6 | 23 de xuño de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 7 | 28 de xuño de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 8 | 21 de xullo de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 9 | 28 de xullo de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 10 | 2 de agosto de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 11 | 29 de agosto de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 12 | 17 de setembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 13 | 29 de setembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 14 | 5 de novembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 15 | 24 de novembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena B. |
KH-4 16 | 4 de decembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 17 | 14 de decembro de 1962 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 18 | 7 de xaneiro de 1963 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 19 | 28 de febreiro de 1963 | Thor SLV2A | Fallo. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 20 | 1 de abril de 1963 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 21 | 12 de xuño de 1963 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 22 | 27 de xuño de 1963 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 23 | 19 de xullo de 1963 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4A 1 | 25 de agosto de 1963 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 2 | 23 de setembro de 1963 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4 24 | 9 de novembro de 1963 | Thor DM21 | Fallo. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 25 | 27 de novembro de 1963 | Thor DM21 | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4 26 | 23 de decembro de 1963 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4/Agena D. |
KH-4A 3 | 15 de febreiro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 4 | 24 de marzo de 1964 | Thor SLV2A | Fallo. Modelo KH-4A. |
KH-4A 5 | 27 de abril de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 6 | 4 de xuño de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 7 | 19 de xuño de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 8 | 10 de xullo de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 9 | 5 de agosto de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 10 | 14 de setembro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 11 | 5 de outubro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 12 | 17 de outubro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 13 | 2 de novembro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 14 | 18 de novembro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 15 | 19 de decembro de 1964 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 16 | 15 de xaneiro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 17 | 25 de febreiro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 18 | 25 de marzo de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 19 | 29 de abril de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 20 | 18 de maio de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 21 | 9 de xuño de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 22 | 19 de xullo de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 23 | 17 de agosto de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 24 | 22 de setembro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 25 | 5 de outubro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 26 | 28 de outubro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 27 | 9 de decembro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 28 | 24 de decembro de 1965 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 29 | 2 de febreiro de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 30 | 9 de marzo de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 31 | 7 de abril de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 32 | 3 de maio de 1966 | Thor SLV2A | Fallo. Modelo KH-4A. |
KH-4A 33 | 24 de maio de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 34 | 21 de xuño de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 35 | 9 de agosto de 1966 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 36 | 20 de setembro de 1966 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 37 | 8 de novembro de 1966 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 38 | 14 de xaneiro de 1967 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 39 | 22 de febeiro de 1967 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 40 | 30 de marzo de 1967 | Thor SLV2A | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 41 | 9 de maio de 1967 | Thor SLV2G | Fallo parcial. Modelo KH-4A. |
KH-4A 42 | 16 de xuño de 1967 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 1 | 15 de setembro de 1967 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 43 | 7 de agosto de 1967 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 44 | 2 de novembro de 1967 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 2 | 9 de decembro de 1967 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 45 | 24 de xaneiro de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 46 | 14 de marzo de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 3 | 1 de maio de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 47 | 20 de xuño de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 4 | 7 de agosto de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 48 | 18 de setembro de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 5 | 3 de novembro de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 49 | 12 de decembro de 1968 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 6 | 5 de febreiro de 1969 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 50 | 19 de marzo de 1969 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4A 51 | 2 de maio de 1969 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 7 | 24 de xullo de 1969 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4A 52 | 22 de setembro de 1969 | Thor SLV2G | Éxito. Modelo KH-4A. |
KH-4B 8 | 4 de decembro de 1969 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 9 | 4 de marzo de 1970 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 10 | 20 de maio de 1970 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 11 | 23 de xullo de 1970 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 12 | 18 de novembro de 1970 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 13 | 17 de febreiro de 1971 | Thor SLV2H | Fallo. Modelo KH-4B. |
KH-4B 14 | 24 de marzo de 1971 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 15 | 10 de setembro de 1971 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 16 | 19 de abril de 1972 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
KH-4B 17 | 25 de maio de 1972 | Thor SLV2H | Éxito. Modelo KH-4B. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-4" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "KH-4A" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2020). "KH-4B" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4 Corona (Agena-B based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4 Corona (Agena-D based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4A Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4B Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-4 |