Kíiv
Київ (uk) | |||||||||||||||||||||
Himno | Yak tebe ne liubyty, Kyieve mii! (en) | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcume | Мати міст Руських, Новий Єрусалим, Місто, де все починається e Мать городов русских | ||||||||||||||||||||
Epónimo | Kyi | ||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Territorio reivindicado por | Forças Armadas do Sul da Rússia (pt) (1919–1919) Segunda República Polaca (1920–1920) Reichskommissariat Ukraine (pt) (1941–1943) República Socialista Soviética de Ucraína (1941–1943) Rusia (2024–) | ||||||||||||||||||||
Estado | Ucraína | ||||||||||||||||||||
Capital de | Ucraína (1991–) | ||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | Darnitskyi (pt) Desnyanskyi (pt) Dniprovskyi (pt) Holosiivskyi (pt) Obolonskyi (pt) Pecherskyi (pt) Podilskyi (pt) Shevchenkivskyi (pt) Solomianskyi (pt) Svyatoshinskyi (pt) | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 2.952.301 (2022) (3.481,49 hab./km²) | ||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Superficie | 848 km² | ||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Dniepr | ||||||||||||||||||||
Altitude | 179 m | ||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Fundador | Kyi, Shchek, Khoryv e Lybid | ||||||||||||||||||||
Creación | 482 | ||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel | ||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Vitaliy Klitschko (2014–) | ||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Kyiv City Council (en) , (Escano: 120) | ||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||
Código postal | 01000–06999 | ||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 44 | ||||||||||||||||||||
ISO 3166-2 | UA-30 | ||||||||||||||||||||
Identificador KOATUU | 8000000000 | ||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||||
Páxina web | kyivcity.gov.ua | ||||||||||||||||||||
Kíiv[1], ou Kiev,[2][3][4] (en ucraíno: Київ, tr. "Kyiv"[5], [ˈkɪjiw] (AFI), escoitar; en ruso: Киев, tr. "Kiev") é a capital e maior cidade de Ucraína, cunha poboación de arredor de 3 millóns de habitantes en 2020.[6] Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82,2%, a principal minoría é a rusa co 13,1% seguido da xudía (0,7%), belarusa (0,6%), polaca (0,3%) e armenia (0,2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüística realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4,3% só ucraíno.
Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper.
Simboloxía
[editar | editar a fonte]A simboloxía da cidade está formada polo escudo, a bandeira e o himno. A cidade tamén ten un logotipo oficial utilizado para o turismo.
O escudo está formado pola imaxe do patrón do arcanxo Miguel, o patrón da cidade, sobre un escudo azul. Foi aprobado oficialmente polo concello de Kíiv o 18 de abril de 1995. A bandeira de Kíiv é idéntica ao escudo coa diferenza de que o escudo é substituído por unha bandeira.
O primeiro escudo coñecido da cidade data de 1480, formado por un arco cargado endereitado por dous brazos. No século XVIII, o arco foi substituído por unha ballesta, actualmente este escudo utilízase para representar ao Raión Podil. O símbolo do arcanxo Miguel foi usado como escudo de armas do voivodato de Kíiv, do rexemento de Kíiv e como escudo de armas da cidade desde 1782 até a toma da cidade en 1920 polos bolxeviques. Entre 1920 e 1969, a cidade non tivo o seu propio escudo até que se aprobou o emblema soviético de Kíiv, que representa un arco e unha folla de castiñeiro coa heroica estrela da cidade. O escudo de armas soviético de Kíiv foi oficial até a aprobación do actual escudo de armas en 1995.
-
Séculos XV a XVII
-
Séculos XVII a XVIII
-
Ano 1969 a 1995
-
Actualidade
-
Logo de Kiev: A cidade onde comeza todo
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Kíiv.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022.
- ↑ Kiev foi a forma considerada pola RAG ata o 8 de marzo de 2022, adaptada da forma rusa do topónimo. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 2104. ISBN 9788482893600.
- ↑ SNL da CRTVG. "Atlas Mundial Galego Online". Consultado o 2 de abril de 2014.
- ↑ Sistema nacional de transliteración ucraíno. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kíiv |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |