Juventud (Chantada)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Juventud.
Juventud | |
---|---|
Fundación | 27 de setembro de 1931 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Chantada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Juventud foi un semanario editado en Chantada entre 1931 e 1932.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano de la Juventud Republicana de Chantada, apareceu o 27 de setembro de 1931. Xurdiu como oposición a La Voz del Agro, do que foi inimigo declarado, e sostiña posicións republicanas críticas ligadas á dereita. Estaba dirixido por Pablo Noguerol Sierra. Entre os seus colaboradores figuraban Ángel Gómez Montero, Marcial García Cereijo e Valentín Rodríguez Cabo. Cesou a súa publicación en 1932.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Juventud". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. "Periódico que apareceu, en 1928, no concello lucense de Chantada".
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Valín Méndez, José Alfredo (1997). Poesía galega en La Voz del Agro (PDF).