Saltar ao contido

Justicia artificial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Justicia artificial
Ficha técnica
DirectorSimón Casal
ProdutorMariela Besuievsky, Gerardo Herrero, Chelo Loureiro
MúsicaSofia Oriana
EstudioTornasol Media, Abano Produciones, Ukbar Filmes
Estrea13 de setembro de 2024
Linguacastelán
Na rede
IMDB: tt23739442 Editar o valor en Wikidata

Justicia artificial en castelán e Justiça Artificial en portugués é un thriller político hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra.[1][2][3] O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento.[4]

Nun esforzo por automatizar e despolitizar a xustiza, o Goberno de España prevé substituír os xuíces por software de intelixencia artificial.[2][3]

Produción

[editar | editar a fonte]

A película foi producida por Justicia Artificial AIE, Tornasol Media, Abano Producións e Ukbar Filmes, coa participación de RTVE e Prime Video, e co apoio de ICAA e AGADIC.[2] [3]

En novembro de 2022, RTVE informou do inicio da rodaxe en Galiza, gravado na Coruña, Muxía e outras localizacións da Costa da Morte. Foi filmado adicionalmente en Lisboa.[2]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

A película tivo a súa estrea mundial en Shanghai, no seu 26º Festival Internacional de Cine (xuño de 2024).

Foi preestreada o 5 de setembro de 2024 no Teatro Colón da Coruña, e está previsto que se estree en cines comerciais en España o 13 de setembro de 2024 con A Contracorriente Films supervisando a distribución no Estado.[2]

  1. SAPO. "Justiça Artificial - SAPO Mag" (en portugués). Consultado o 2024-09-05. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 RTVE, PRENSA (2022-11-18). "Comienza el rodaje de 'Justicia artificial', participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-09-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "ARTIFICIAL JUSTICE". Latido Films (en castelán). Consultado o 2024-09-05. 
  4. "Justicia Artificial (2024) - cine". Simón Casal de Miguel (en castelán). Consultado o 2024-09-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]