Julius Pokorny
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1887 Praga, República Checa |
Morte | 8 de abril de 1970 (82 anos) Zürich, Suíza |
Causa da morte | atropelo |
Chair of Celtic in Berlin (en) | |
1920 – 1935 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística e Estudos celtas |
Lugar de traballo | Viena Zürich Berna Berlín Múnic |
Ocupación | lingüista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena Universidade de Múnic Universidade de Erlangen-Núremberg Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Berna Universidade de Zürich Universidade de Kiel (pt) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Покорный Юлиус) Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 9 (en) , (p.367) |
Julius Pokorny, nado en Praga o 12 de xuño de 1887 e finado en Zürich o 8 de abril de 1970, foi un filólogo checo, estudoso das linguas celtas, especialmente o irlandés, e un defensor do nacionalismo irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Viena, onde tamén ensinou desde 1913 até 1920. De 1920 a 1935, ocupou a cátedra de Filoloxía Celta na Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín, antes de que os nazis descubrisen que, a pesar de ser nacionalista alemán, era de ascendencia xudía.[1] Foi o editor da importante revista Zeitschrift für celtische Philologie antes da segunda guerra mundial e foi responsábel da súa reactivación despois.
Escapou a Suíza en 1943, onde ensinou durante uns anos na Universidade de Berna e na Universidade de Zürich até a súa xubilación en 1959. En 1954, recibiu o título honorario de cátedra na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic, onde foi profesor a tempo parcial en 1956 e novamente desde 1960 até 1965.
É autor do Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch (‘Dicionario Etimolóxico Indoeuropeo’, 1959) que aínda se utiliza amplamente hoxe en día.
Morreu en Zürich case tres semanas despois de ser atropelado por un tranvía, non moi lonxe da súa casa.
Obra
[editar | editar a fonte]- Cancioeiro da poesía céltica (Alt-keltische Dichtungen). Traducido ao galego por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega. Editorial Bibliófilos Gallegos, 1952.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Julius Pokorny". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nados en 1887
- Finados en 1970
- Nados en Praga
- Lingüistas de Austria
- Lingüistas da República Checa
- Lingüistas de Suíza
- Indoeuropeístas
- Alumnos da Universidade de Viena
- Profesores da Universidade de Viena
- Profesores da Universidade Humboldt de Berlín
- Profesores da Universidade de Berna
- Profesores da Universidade de Zürich
- Doutores honoris causa pola Universidade de Swansea
- Doutores honoris causa pola Universidade de Edimburgo