Julianna Margulies
Julianna Margulies, nada o 8 de xuño de 1966 en Spring Valley, estado de Nova York, é unha actriz e produtora estadounidense. Tras interpretar varios pequenos papeis logrou o éxito co seu papel como a enfermeira Carol Hathaway no drama médico da NBC ER, rol polo que gañou un premio Emmy. No 2009, comezou a interpretar o papel de Alicia Florrick, personaxe principal no drama legal estadounidense The Good Wife na CBS que gañou un Globo de Oro, oito Screen Actors Guild Awards, un Satellite Awards, dos Television Critics Association Awards e tres Emmy, o último no 2014 como Mellor Actriz de Drama.
Gañou en oito ocasións o Screen Actors Guild Awards, converténdose na segunda muller máis veces premiada despois de Julia Louis-Dreyfus[1][2] e foi nomeada ata en 17 ocasións, o que é tamén un récord nestos premios. Gañou seis veces polo seu traballo en ER, e dúas veces pola súa actuación en The Good Wife. En 2015, a revista TIME presentouna como unha das "100 persoas máis influíntes do mundo"[3] e ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Foi unha persoa activa para que a denominada Lei de Erin, contra o abuso infantil, fose aprobada nos estados dos Estados Unidos.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros Anos
[editar | editar a fonte]Margulies naceu en Spring Valley (NY), é a máis nova de tres irmás. Estudou na Green Meadow Waldorf School. O seu pai é un creativo publicitario en Madison Avenue e a súa nai unha antiga bailarina do American Ballet Theatre.[4] De pequena, viviu en Nova York, Francia e Inglaterra. Aínda que seus pais son xudeus, e viviron unha tempada en Israel, antes de nacer Julianna, volveron a Nova York[4] e a nai de Margulies converteuse ao catolicismo e criou a Julianna na fe católica.[5]
Licenciouse no Sarah Lawrence College, onde actuou en varias obras. Tras a universidade, Julianna estudou un tempo con James Prince no Acting Studio de NY. O seu primeiro papel no cine, en 1991, foi como prostituta na película de Steven Seagal: Out for Justice.[6]
Carreira
[editar | editar a fonte]No 1994, Margulies foi seleccionada para un papel no episodio piloto de ER, cunha personaxe que, desanimada pola súa relación co personaxe de George Clooney, intenta suicidarse. Supoñíase que a personaxe ía morrer, pero tras a resposta positiva da audiencia á súa personaxe, a trama modificouse e Margulies continuou a interpretar a enfermeira Carol Hathaway durante seis anos, e obtivo un nomeamento aos Emmy por cada un dos anos nos que actuou na serie, e premio pola súa actuación no primeiro ano.
Provocou moitísimo ruído nos medios o feito de que Julianna Margulies rexeitara unha oferta de 27 millóns de dólares por permanecer na serie,[6] salario que a convertería nunha das actrices mellores pagadas na televisión. Tras abandonar a serie, traballou regularmente tanto en teatro como na pantalla. En teatro apareceu no MCC Theater coa produción Intrigue With Faye de Kate Robin e no Lincoln Center coas producións de Jon Robin Baitz, Then Unknowns.
O seu traballo para o cine tras ER inclúe Evelyn con Pierce Brosnan e Barco fantasma con Gabriel Byrne e Ron Eldard. Foi a protagonista e narradora (Morgaine) na miniserie de 2001 da TNT, The Mist of Avalon. En 2004 foi invitada en dous episodios da cuarta temporada do éxito televisivo Scrubs. Tamén protagonizou outra miniserie da TNT, The Grid no 2004. En abril de 2006, apareceu na película Snakes on a Plane, como a auxiliar de voo Claire Miller. En decembro de 2006 interpretou a Jennifer Bloom na miniserie de SyFy, The lost room.
Nunha entrevista con tvguide.com en agosto de 2006, Margulies admiteu que estivo a piques de aceptar unha oferta para volver a Urxencias para unha trama de 4 episidios con Noah Wyle que se filmaría en Hawaii durante a temporada 2005-2006. Porén, rexeitouno no último minuto. Nesa mesma entrevista dixo que aprecia o feito de que os produtores da serie lle pidan que volva cada ano, cousa que a ela "lle encanta que o fagan".
Ata 2016, Margulies interpretou a Alicia Florrick na serie de CBS The Good Wife, ano no que se deu por finalizada a nomeada serie. Era unha avogada que regresa á práctica legal despois de que o seu marido (interpretado por Chris Noth) dimitira como Fiscal do Estado de Illinois debido a un escándalo sexual e a corrupción.
No 2009, recibiu o NYWIFT Muse Award que se entrega ás mulleres que traballan en cine e televisión. O 17 de xaneiro de 2010, Margulies gañou un Golden Globe polo seu papel en The good wife e o 23 de xaneiro, bateu o seu propio rércord ao recibir o seu terceiro premio do Sindicato de Actores polo seu papel. Tamén ese ano, Margulies foi nomeada como Mellor Actriz en Serie dramática nos Emmy, o seu sétimo nomeamento ao Emmy, que acabou perdendo ante Kyra Sedgwick. O 30 de xaneiro de 2011 gañou outro premio Screen Actors Guild polo seu papel, mentres que The Good Wife foi novamente nomeada a mellor elenco nun espectáculo de televisión, pero perdeu ante Boardwalk Empire. O 14 de xullo de 2011, foi nomeada para un segundo Emmy a Mellor Actriz en serie dramática, premio que finalmente gañou na cerimonia dos premios Emmy o 18 de setembro de 2011. No 2014, gañou o seu terceiro Emmy, batendo novamente o seu propio récord, debido á súa actuación en The Last Call, no episodio 16 da temporada 5; este capítulo sirve como despedida da personaxe Will Gardner, interpretado por Josh Charles.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Margulies e o avogado Keith Lieberthal casaron o 10 de novembro de 2007, en Lenox, Massachusetts.[7] Teñen un fillo, Kieran Lindsay Lieberthal, nado o 17 de xaneiro de 2008.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1991 | Buscando xustiza | Rica |
1997 | Traveller | Jean |
1997 | Paradise Road | Topsy Merritt |
1998 | The Newton Boys | Louise Brown |
1998 | A Price Above Rubies | Rachel |
2000 | What's Cooking? | Carla |
2000 | Dinosaur | Neera |
2001 | The Big Day | Sara |
2002 | The Man from Elysian Fields | Dena |
2002 | Evelyn | Bernadette Beattie |
2002 | Love Gets You Twisted | Narradora |
2002 | Barco fantasma | Maureen Epps |
2005 | Slingshot | Karen |
2006 | The Darwin Awards | Carla |
2006 | Snakes on a Plane | Claire Miller |
2006 | Beautiful Ohio | Mrs. Cubano |
2009 | City Island | Joyce Rizzo |
2013 | Tipos legais | Nina Hirsch |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1993 | Murder, She Wrote | Rachel Novaro | 1 episodio |
1993 | Law & Order | Tte. Ruth Mendoza | 1 episodio |
1994–2000; 2009 | ER | Carol Hathaway | Personaxe recorrente (1994–2000, 2009) |
1994 | Homicide: Life on the Street | Linda | 2 episodios |
1994 | Philly Heat | Anabella Larigo | |
2001 | Jenifer | Jenifer's Psychiatrist | |
2001 | Breast Health: New Hope | Narradora/Convidada | Miniserie de televisión |
2001 | The Mists of Avalon | Morgana | Miniserie de televisión |
2003 | Hitler: The Rise of Evil | Helene Hanfstaengl | Telefilme |
2004 | Scrubs | Neena Broderick | 2 episodios |
2004 | The Grid | Maren Jackson | Miniserie de televisión |
2006 | The Lost Room | Jennifer Bloom | Miniserie de televisión |
2006–07 | The Sopranos | Julianna Skiff | 4 episodios |
2006 | The Armenian Genocide | Narradora | Documental |
2007 | American Masters | Narradora | |
2008 | Canterbury's Law | Elizabeth Canterbury | Tamén produtora |
2009–2016 | The Good Wife | Alicia Florrick | Serie de televisión |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "More SAG Awards Presenters Named". sagaftra.org (en inglés). 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ Beachum, Chris (10 de decembro de 2014). "SAG Awards: Edie Falco sets record with 21st nomination; Julianna Margulies could win record 9th time". goldderby.com (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Gillibrand, Kirsten (15 de abril de 2015). "Julianna Margulies". time.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Davis (2009); pp. 173-174
- ↑ Siebert, TW (marzo 1998). "Julianna Margulies. The Well Rounded Interview". well-rounded.com (en inglés). (Arquivado dende o orixinal, o 29 de abril de 2008). Archived from the original on 29 de abril de 2008. Consultado o 30-9-2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Juliana Margulies". tvguide.com (en inglés). Consultado o 30-9-2019.
- ↑ Rhone, Paysha (17 de novembro de 2007). "Julianna Margulies Quietly Gets Married". people.com (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julianna Margulies |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davis, Patti (2009). The Lives Our Mothers Leave Us: Prominent Women Discuss the Complex, Humorous, and Ultimately Loving Relationships They Have with Their Mothers (en inglés). Carlsbad, CA.: Hay House. ISBN 978-1401921620.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)