Xoán Vidal Martínez
Retrato en Vida Gallega, 1927. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1904 Salcedo, España |
Morte | 19 de xuño de 1994 (90 anos) Pontevedra, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | político, poeta |
Partido político | Partido Galeguista |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Fillos | Aurora Vidal Caramés |
Irmáns | Aurora Vidal Martínez |
Xoán Vidal Martínez, nado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Vidal Lino, estudou para mestre e traballou a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi fundador, xunto con Castelao e outros, do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Máis adiante, o partido integrouse no Partido Galeguista.
Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi represaliado, e abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias e exerceu no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Casou en Poio en 1933 coa mestra Aurora Caramés Monteagudo, filla de José María Caramés Durán.[1] Tiveron tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Colaborou en La Raza e publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, fundou as revistas literarias de corte nacionalista Alborada e Cristal (1932-33), xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.
Como poeta, pertenceu á xeración do 25, xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:
- Mágoas, 1921.
- Alcor, 1927.
- Los senderos inútiles, 1956.
- Voz y memoria (Antología poética), 1986.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Voda de Xoán Vidal Martínez con Aurora Caramés Monteagudo, Salcedo, 1933.
-
Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.
-
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
-
Poema seu xunto ao seu panteón no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 27-6-1933, p. 14.
- ↑ Xoán Vidal Arquivado 22 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., na web Xenealoxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Acuña Trabazo, A. (2005). Xoán Vidal Martínez. Voz e memoria. Pontevedra:: Concello de Pontevedra.
- Vidal Caramés, A. e Vidal Caramés, C. (2009). Xoán Vidal Martínez. Vida e obra. Pontevedra: Deputación provincial. ISBN 978-84-8457-326-5.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VIDAL MARTÍNEZ, Xoán". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 503.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en www.poesiagalega.org