Saltar ao contido

Juan Valdivia Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Valdivia Navarro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor en Wikidata

Facebook: El.Maestro.Valdivia BNE: XX1276933 Musicbrainz: 75bb5cb2-19bc-44d4-915e-3d375ffad526 Discogs: 602029 Editar o valor en Wikidata

Juan Valdivia Navarro, nado en Segovia o 3 de decembro de 1965, é un músico español. Deuse a coñecer por ser o guitarrista do grupo de rock Héroes del Silencio.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Desde moi pequeno, Juan viuse atraído pola música. Nada máis saír do berce, seu pai, de profesión médico, ensínalle a tocar a batería, pero pronto se decantou pola guitarra, que aprendeu a tocar grazas á súa irmá, que lle deu as primeiras nocións. Estando aínda a súa familia en Segovia, comprou a súa primeira guitarra. Xa en Zaragoza, cambiou esta por unha Stagg Stratocaster eléctrica.

En 1976, tendo Juan once anos, fixo a súa primeira adquisición discográfica. Esta foi un disco de Bob Dylan. Outro disco que o marcou foi un dobre LP que tiña un dos seus irmáns, titulado Echoes of a Rock Era, unha recompilación de éxitos dos anos cincuenta.

O primeiro grupo onde militou Juan foi en Autoservicio, onde versionaban a Tequila, Peter Frampton e Ilegales. Máis tarde pasou a formar Zumo de Vidrio co seu irmán máis vello Pedro. Este grupo pódese dicir que foi o precursor da futura banda Héroes del Silencio, xa que Zumo de Vidrio foi cambiando de formación e de filosofía e estilo musical, ata que cambiou definitivamente de nome pasándose a chamar en 1985 Héroes del Silencio.

Con Héroes del Silencio Juan Valdivia alcanzou a fama primeiro a nivel nacional e máis tarde a nivel internacional, chegando a ser a banda española de máis proxección internacional durante os noventa. Durante a carreira de Héroes del Silencio desde 1985 ata 1996, o grupo zaragozano gravou nove traballos discográficos, algún deles xa considerado como histórico no panorama musical español; fixeron infinidade de actuacións en decenas de países do mundo e venderon millóns de discos, converténdose Juan Valdivia nun dos guitarristas españois de máis prestixio e consideración polo seu estilo persoal, con característicos arpexos e acordes, que formarían a sonoridade identificativa do grupo.

Trala desaparición do grupo, Juan Valdivia deixou por un tempo a música e só fixo unha colaboración no primeiro disco de seu irmán Gonzalo Valdivia e a súa banda El Alquimista (El Alquimista, 1996), tocando nun tema que leva por título Guitar session yeah!.

Durante eses anos de ausencia e pouco despois da desaparición de Héroes del Silencio puidéronse ler noticias acerca dunha exitosa operación nunha das súas mans e dunha posterior recuperación, despois dun problema que se fora desenvolvendo durante a última xira de 1996.

Durante ese tempo non deixou en absoluto a música, senón que seguiu progresando como músico en silencio, alcanzando o dominio de diferentes instrumentos entre os que está o piano. Na súa etapa en Héroes del Silencio, Juan Valdivia non estudou solfexo. Juan quedaba con calquera cousa dos grupos que lle gustaban e íao transformando ata que o convertía en seu. Con todo, despois da súa operación superou con notable o primeiro curso de grao medio da carreira de solfexo, o cal lle daba moitas máis posibilidades á hora de compoñer.

En 2001 regresou tras un longo silencio cun disco en solitario: Trigonometralla, na súa maior parte instrumental e con cinco cancións con voz.

En 2007 participou na xira de reunión de Héroes del Silencio, o Tour 2007, con motivo da celebración do 20 aniversario da publicación das súas primeiras gravacións.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Héroes del Silencio

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en: Discografía de Héroes del Silencio

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • Trigonometralla (2001).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]