Juan Gabeiras Barro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido A Capela, España |
Morte | 18 de xullo de 1951 O Tellado, España |
Causa da morte | morte en combate, asfixia |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Juan Gabeiras Barro, coñecido como Picovello, nado na Capela e finado no Tellado (Fene) o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Incorporouse á guerrilla en maio de 1949 con José Seijo Naveira e os irmáns José e Juan Freire Barcia. O 18 de xullo de 1951 morreu abrasado, xunto a Manuel Bastida Franco, nunha casa do Tellado (Fene) á que lle prendeu lume a Garda Civil. Algunhas fontes afirman que se chamaba Juan Gabeira Gabeira e foi asesinado o 30 de outubro de 1949 en Pazos (Monfero) con outros seis guerrilleiros do destacamento Arturo Cortizas; pero o guerrilleiro identificado pola Garda Civil como Picovello era en realidade José Remuiñán Barreiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 244–245. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2018.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 69. ISBN 84-8485-231-8.