Joyeux Noël
Joyeux Noël | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Joyeux Noël |
Director | Christian Carion |
Produtor | Christophe Rossignon Benjamin Herrmann |
Guión | Christian Carion |
Intérpretes | Benno Fürmann Guillaume Canet Daniel Brühl Diane Kruger Gary Lewis Alex Ferns |
Música | Philippe Rombi |
Fotografía | Walther Vanden Ende |
Montaxe | Judith Rivière Kawa Andrea Sedlácková |
Distribuidora | UGC Fox Distribution (Francia) Sony Pictures Classics (USA) |
Estrea | 9 de novembro de 2005 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Francia Alemaña Reino Unido Bélxica Romanía |
Xénero | Drama e bélico |
Orzamento | 22 millóns de dólares |
Recadación | 17 709 155 dólares[1] |
Na rede | |
http://www.joyeuxnoel-lefilm.com | |
Joyeux Noël é un filme de 2005 escrito e dirixido por Christian Carion.[2] É unha coprodución europea entre Francia, Alemaña, o Reino Unido, Bélxica e Romanía. Baséase na tregua de Nadal ocorrida en decembro de 1914, a través dos ollos de soldados franceses, alemáns e escoceses. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2005.[3]
O filme, que inclúe unha das últimas aparicións de Ian Richardson antes da súa morte, foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Chega a Francia o frío decembro de 1914 e a neve acumúlase nas trincheiras opostas que separan as tropas alemás por un lado, e as francesas e escocesas polo outro. Durante a noiteboa cada bando celebra a festa coas súas propias cancións e escoita os aplausos espontáneos procedentes das trincheiras inimigas. Cando chega a quenda dos alemáns, un tenor de ópera mobilizado no exército salta o guión e sae da trincheira cun abeto de Nadal na man e entra na terra de ninguén cantando unha panxoliña. Asombrados, os soldados escoceses responden a esta ousadía poñendo o son das súas gaitas ao servizo do tenor, comezando así o primeiro acto de fraternidade entre os dous bandos, que remata con grandes aplausos entre todos.
Os superiores das tres unidades diferentes reúnense entón e acordan un alto o fogo para o Nadal. Durante a tregua, os soldados dos tres exércitos diferentes protagonizan varios episodios de fraternidade entre si e mesmo amplían a tregua ao día seguinte para que as tres partes recuperen e enterren todos os cadáveres que están no campo de batalla. Non obstante, unha vez iniciada a tregua, tanto os soldados como os superiores xa non poden volver ás armas para loitar en nome dunha guerra que non entenden, e os actos de fraternidade prolónganse.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Benno Fürmann como soldado Nikolaus Sprink
- Guillaume Canet como Tenente Camille René Audebert
- Diane Kruger como Anna Sørensen
- Gary Lewis como Padre Palmer
- Alex Ferns como Tenente Gordon
- Dany Boon como Soldado Ponchel
- Daniel Brühl como Tenente Horstmayer
- Christian Carion como Médico británico
- Christopher Fulford como Royal Scots Fusiliers Major
- Mathias Herrmann como Oficial alemán
- Neil McNulty como soldado escocés
- Lucas Belvaux como Gueusselin
- Steven Robertson como Jonathan
- Suzanne Flon como Chatelaine
- Bernard Le Coq como Xeneral
- Ian Richardson como o bispo
- Thomas Schmauser como o príncipe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joyeux Noël (2005)". Box Office Mojo. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ "Joyeux Noël (2005)". Internet Movie Database. Consultado o 11 de novembro de 2009.
- ↑ "Festival de Cannes: Joyeux Noël". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joyeux Noël na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 2005
- Filmes en lingua francesa
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes de Francia
- Filmes de Romanía
- Filmes de Alemaña
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de Bélxica
- Filmes dirixidos por Christian Carion
- Filmes de Sony Pictures Classics
- Filmes ambientados en 1914
- Filmes ambientados en Alemaña
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes ambientados en Francia
- Filmes sobre a primeira guerra mundial