Josefa Vigo Pita
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1898 Cedeira, España |
Morte | 21 de marzo de 1938 (39/40 anos) Valdoviño, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Josefa Vigo Pita, nada en Cedeira e finado en Valdoviño o 21 de marzo de 1938, foi unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciña de Sisalde na parroquia de Esteiro, casada co home na emigración. Acosada polas pretensións amorosos dun garda civil, que ela rexeitara reiteradamente, en marzo do 1938 fora acusada de axudar os fuxidos. Detida pola Garda Civil, levárona a un piñeiral de Valdoviño. Atada a unha árbore, foi violada e asasinada por disparos de fusil.[1]