Josef Vašíček
Josef Vašíček, nado o 12 de setembro de 1980 en Havlíčkův Brod, Checoslovaquia e finado o 7 de setembro de 2011, foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo checo. Vašíček xogou sete tempadas na National Hockey League nos Carolina Hurricanes, Nashville Predators e New York Islanders antes de trasladarse a Rusia en 2008 para xogar no Lokomotiv Yaroslavl da Kontinental Hockey League. Morreu no accidente aéreo no que faleceron todos os membros do Lokomotiv.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 1998-1999 deu o salto ó hóckey canadense ó entrar no Sault Ste. Marie Greyhounds da Ontario Hockey League, unha das ligas xuvenís do Canadá. No 2000 entrou na National Hockey League (NHL) ó fichar polos Carolina Hurricanes, na tempada 2004-2005 foi cedido ó HC Slavia Praha de Chequia e no verán de 2006 foi cambiado ós Nashville Predators por Scott Walker.
En 2008 asinou un contrato co equipo ruso Lokomotiv Yaroslavl da KHL.
O 7 de setembro de 2011 morreu co resto dos seus compañeiros e adestradores do Lokomotiv Yaroslavl nun accidente de avión nas aforas de Yaroslavl cando o equipo se dirixía a Minsk para disputar a primeira xornada da tempada 2011-12.
Internacional coa selección checa, Josef Vašíček gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo júnior de 2005, así como as medallas de bronce e de ouro respectivamente no Campionato do Mundo absuluto en 2004 e 2005.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |