José Vega Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Xares, España |
Morte | 9 de xullo de 1945 Porto, España |
Causa da morte | morte en combate, explosión |
Outros nomes | Ánimas |
Actividade | |
Ocupación | maquis, traballador ferroviario |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo |
José Vega Seoane,[1] coñecido como Ánimas, nado en Xares (A Veiga) e finado o 9 de xullo de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obreiro do ferrocarril, comunista, era membro da Sociedad Obrero Campesina de Xares da UGT. Botouse ao monte a finais de 1936, e incorporouse á partida de Manuel Álvarez Arias "Bailarín" na serra do Eixo. En 1940 pasou á partida de Alfredo Yáñez Domínguez "Aguirre" co resto da partida de "Bailarín". Operaron no Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Gudiña, Comarca de Cabreira e Ponferrada. Foi un dos guerrilleiros que intentaron saír de Galicia vía Portugal o 27 de xullo de 1940. Participou na constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Despois do terceiro Congreso da Federación aparece na II Agrupación á fronte dun dos seus destacamentos. Morreu o 9 de xullo de 1945 en Penas Brancas, na Serra de Corbaceira (Porto, provincia de Zamora), ao estalarlle unha granada que ía lanzar sobre unha patrulla da Garda Civil. Nesa acción morreron catro gardas civís.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Juan Antonio Vega Seoane
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 136. ISBN 84-8485-231-8.