José Sánchez García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1897 Serón de Nágima, España |
Morte | 19 de novembro de 1948 (51 anos) O Rosal, España |
Alcalde do Rosal | |
agosto de 1936 – 1937 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político, empresario |
José Sánchez García, nado en Serón de Nágima (Soria) o 19 de marzo de 1897[1] e finado no Rosal o 19 de novembro de 1948,[2] foi un mestre, político e empresario español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre nacional, aprobou as oposicións a mestre na Escola Normal de Zaragoza. Foi mestre de Fornelos dende 1922. Desde a súa escola foi propulsor da agricultura e a gandaría do concello do Rosal. Introduciu o mirabel, a alfalfa e varios tipos de remolacha. En 1938 fundou a fábrica Conservas Vegetales José Sánchez García, que despois cambiou o seu nome por A Rosaleira, e organizou a cooperativa do campo El Pilar.
Militante de Acción Popular, participou nos mitins políticos das eleccións de febreiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado alcalde do Rosal a principios de agosto.[4] Volveu ser alcalde en dúas ocasións. Foi fundador e logo secretario da Unión Territorial de Cooperativas del Campo e vicepresidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra.
Predecesor: ? |
Alcalde do Rosal 1936 - 1937 |
Sucesor: Serafín Álvarez Rodríguez
|
Predecesor: Serafín Álvarez Rodríguez |
Alcalde do Rosal ? - ? |
Sucesor: ? |
Predecesor: ' |
Alcalde do Rosal ? - 1944 |
Sucesor: Manuel Pérez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado comendador da Orde civil do Mérito Agrícola e cabaleiro da Orde de Cisneros.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "SÁNCHEZ GARCÍA, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 27. Silverio Cañada. 1974. p. 235. ISBN 84-7286-215-1.