José Sánchez Gacio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Mondoñedo, España |
Morte | 23 de novembro de 1980 (81/82 anos) Mondoñedo, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
26 de febreiro de 1936 – 10 de abril de 1936 | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
1932 – 1934 ← Daniel Vázquez Campo – José Cobreros de la Barrera ⊟ | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Sánchez Gacio, nado en Mondoñedo en 1898 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1980, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Constantino Sánchez Graña, secretario do Concello de Mondoñedo. Estudou o bacharelato en Lugo e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na República foi elixido concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola ORGA. Foi presidente da Deputación de Lugo (1932). En outubro de 1934 foi cesado como concelleiro como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 e reposto en xaneiro de 1936. Integrouse en Izquierda Republicana e foi nomeado gobernador civil da Coruña (do 26 de febreiro ao 10 de abril de 1936). En xuño de 1936 era deputado provincial en representación de Izquierda Republicana, e vicepresidente do comité local Pro-Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e trasladado a Lugo con Guillermo Otero Villalba, Patricio Vijande Villar, Cándido Carreiras Domenech, Alfredo Martínez Martínez e José Ramón Villamarín Pallín. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 co seu irmán Constantino Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero, Alfredo Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande e Emilio González Valoria, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Finalmente foi deportado a Zamora.
Predecesor: Daniel Vázquez Campo |
Presidente da deputación de Lugo 1932 - 1934 |
Sucesor: José Cobreros de la Barrera |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Alicia Gómez Real, e foi pai de Talía e Silvia Sánchez Gómez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 20 de xaneiro de 2013.