Saltar ao contido

José Neira Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Neira Fernández
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Cuíña, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNeira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, ferreiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAmandino Neira Fernández Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3173

José Manuel Neira Fernández, coñecido como Neira, nado en Cuíña (Ortigueira) o 19 de febreiro de 1909, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou de ferreiro en Cuíña e pertenceu ao Sindicato xeral de proletarios de San Clodio da CNT. Escapou ao monte, onde xa estaba fuxido o seu irmán Amandino Neira, ao ser mobilizada a súa quinta en 1937. O 1 de xuño de 1939 a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova de Montemeao onde estaba acubillado co seu irmán Amandino e Modesto Villar Ínsua; Amandino e Modesto morreron polos disparos e José, ferido nunha man, conseguiu saír do cerco grazas á colaboración dun grupo de soldados sitiadores. O 18 de xullo de 1939 os seus pais, dúas irmás, a súa muller e varios veciños foron deportados a Herrera del Pisuerga acusados de colaborar cos fuxidos; Gloria Giz Castro, a moza de Amandino, foi encarcerada na prisión de Ferrol. O 15 de agosto de 1939 foi localizado pola Garda Civil con José Fernández Formoso nunha casa dos Freires, pero puido fuxir. Ao conseguir organizar ao fuxidos das comarcas de Viveiro e Ortegal, converteuse no líder do primeiro grupo de guerrillas estable en Galicia, que se coñeceu como Grupo Neira, composto maioritariamente por anarquistas.

Tras ser xulgado e declarado en rebeldía, desapareceu en 1944 sen saberse o seu paradoiro. Varias fontes afirman que foi eliminado por José Castro, militante comunista, cando o PCE pretendeu facerse co control do movemento guerrilleiro.[1] Foi substituído polo comunista asturiano Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, que deu paso ao control do movemento guerrilleiro polo PCE.

  1. Parrado, p. 110.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]