Saltar ao contido

Cheché Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José María Martín Rodríguez»)
Modelo:BiografíaCheché Martín
Biografía
Nacemento24 de maio de 1926 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,76 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 1959 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Atlético Banfield
Deportivo Vasco
Angers SCO
1948–1950   Deportivo da Coruña 43(2)
1950–1953   FC Barcelona 55(0)
1953–1956   Atlético de Madrid 67(5)
1956–1958   Valencia CF 19(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1952   España 1(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Deportivo Toluca
1968–1970   Deportivo da Coruña
1970–1970   Real Zaragoza
1972–1973   Real Valladolid
1976–1977   Deportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoaquín Martín Martínez Editar o valor en Wikidata

José María Martín Rodríguez, máis coñecido como Cheché Martín, nado na Coruña o 25 de abril de 1924 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 2006, foi xogador de fútbol durante a década dos 50, na posición de defensa. Ó rematar a carreira como futbolista dedicouse á arte como pintor e tamén adestrou varios equipos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Joaquín Martín, secretario do Concello da Coruña, e de Elvira Rodríguez, filla á súa vez do célebre Médico Rodríguez. En agosto de 1936 seu pai foi fusilado no Campo da Rata, a mans de militares do bando nacional, o que motivou que a familia emigrase a Buenos Aires, Arxentina. Alí comezou a súa carreira como futbolista que compaxinaba co traballo de debuxante sendo ilustrador na revista Austral e facendo caricaturas nos bares da cidade.

Iniciou a súa carreira no Banfield, pasando posteriormente polo Deportivo Vasco de Caracas e o Angers SCO, da cidade francesa de Angers.

Na tempada 1948–49 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Gabriel Andonegui e logo por Cuqui Bienzobas. Na súa primeira campaña participou en 19 partidos, quedando na 10ª posición da táboa. Na tempada 1949–50, adestrado por Alejandro Scopelli, xogou 24 partidos e anotou 2 goles, un na vitoria por 3-0 contra o Real Madrid e outro no derbi galego fronte ao Celta de Vigo. Esta campaña o Dépor quedou subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid.

Na tempada 1950–51 fichou polo FC Barcelona, onde na súa primeira campaña participou en 21 encontros e conquistou o título de liga. Na tempada 1951–52 e adestrado por Ferdinand Daucik, xogou 22 partidos, logrando novamente o título de liga, ademais da Copa do Xeneralísimo, a Copa Latina e a Copa Eva Duarte. En xuño de 1952 debutou como internacional nun partido contra Irlanda. Na tempada 1952–53 xogou tan só 12 partidos, pero conseguindo novamente o título de liga, Copa do Xeneralísimo e Copa Eva Duarte.

Na tempada 1953–54 firmou polo Atlético de Madrid, onde na súa primeira campaña participou en 15 partidos e anotou un gol, e o equipo quedou na zona media da táboa. Na tempada 1954–55 xogou 23 encontros e anotou 2 goles, quedando novamente na zona media da clasificación. Na campaña 1955–56 participou en 30 partidos e anotou 1 gol. Ese ano o equipo quedou 5º clasificado.

Na tempada 1956–57 fichou polo Valencia CF, adestrado por Lluís Miró. Na súa primeira campaña no conxunto valencianista participou en 17 partidos e anotou un gol. Na tempada 1957–58 xogou tan só un encontro.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Cheché Martín xogou un único encontro coa selección española. Era un partido contra Irlanda o 1 de xuño de 1952, que rematou con vitoria española (6–0). Cheché xogou o encontro completo.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1968–69 adestrou o Deportivo da Coruña, en Primeira División, logrando quedar no 10º posto da táboa. Na campaña 1969–70 continuou no equipo coruñés, descendendo ao final do exercicio a Segunda División.

Na tempada 1970–71 foi contratado polo Real Zaragoza, onde tan só estivo 6 xornadas, sendo substituído por Domingo Balmanya. Ese ano o equipo aragonés descendeu a Segunda División como último clasificado.

Na tempada 1972–73 adestrou o Real Valladolid, en Segunda División. Logrou deixar o equipo no 5º posto, a 6 puntos dos postos de ascenso directo.

Na tempada 1974–75 fichou polo Recreativo de Huelva, no que estivo as 20 primeira xornadas. Foi destituído debido aos malos resultados (4 vitorias, 7 empates e 9 derrotas) e o seu substituto foi Pedro Eguiluz.

Na tempada 1975–76 volveu ao Deportivo da Coruña, substituíndo na xornada 33 a José Antonio Naya, quedando ao final da campaña a 5 puntos dos postos de ascenso directo a Primeira División. Na tempada 1976–77 empezou adestrando o Deportivo o arxentino Héctor Rial, ata q-ue deixou o posto por problemas de saúde, sendo substituído por Cheché Martín na xornada 14. Con todo, tamén este tivo que deixar o equipo por enfermidade, permanecendo só 14 xornadas e sendo substituído provisionalmente por José López, ata a chegada a falta de 6 partidos de Juan Arza. Martín colleu o Dépor no 11º posto e deixouno no 8º lugar no momento da súa marcha. Ese ano o equipo quedou en media táboa.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Barcelona

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Entrada "Martín Rodríguez, José María" do Dicionario biográfico de Galicia, T. 2, p. 279, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
  • Lezcano González, Arturo (2005). Cheché Martín, fútbol sobre lenzo. Santiago de Compostela: Edicións Lea. ISBN 84-95444-62-3.Lezcano González, Arturo&rft.btitle=Cheché Mart�n, fútbol sobre lenzo&rft.date=2005&rft.genre=book&rft.isbn=84-95444-62-3&rft.place=Santiago de Compostela&rft.pub=Edicións Lea&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">