José María Díaz Pan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1916 Pravio, España |
Morte | 1951 (34/35 anos) Mide, España |
Causa da morte | execución extraxudicial |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | Manuel Díaz Pan |
José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Pravio (Cambre) o 13 de agosto de 1916 e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Díaz e Carmen Pan e irmán de Manuel Díaz Pan. Zapateiro en Pravio. Mobilizado polo exército franquista, desertou e incorporouse ao exército republicano. Ao caer a fronte de Asturias foi feito prisioneiro e recluído nun campo de concentración en León.[1] Pasou despois ao cárcere do Castelo de Santo Antón. Cando saíu en liberdade foi contratista da estrada que vai ao pazo de Mariñán,[2] onde coñeceu a Francisco Rey Balbís, co que despois foi traballar en seguros Santa Lucía.
Trala detención de José María Urquiola Iglesias o 7 de xaneiro de 1945, botouse ao monte. Incorporouse á guerrilla no Grupo Volante A, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, con Francisco Rey Balbís, Manuel Ramiro Souto, José María Castelo Mosquera e Amador Domínguez Pan. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[3] Apareceu morto en Mide (Vilarmaior) en 1951, ao parecer axustizado polos seus propios camaradas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Otero Varela, que finou en 1993, e foi pai de Raquel Díaz Otero.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 193–196. ISBN 978-84-1176-172-7.