Xosé Caridad Mateo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1906 Betanzos, España |
Morte | 1996 (89/90 anos) México |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Pai | Rogelio Caridad Pita |
Irmáns | Francisco Caridad Mateo |
Xosé Caridad Mateo, nado en Betanzos o 24 de xuño de 1906 e finado en México en 1996, foi un arquitecto galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xeneral Rogelio Caridad Pita. Pasou a súa infancia e mocidade na Coruña e comezou a estudar Arquitectura primeiro en Madrid e despois en Barcelona, onde se titulou en 1931. Nesta cidade recibiu a influencia do movemento GATEPAC (Grupo de Artistas e Técnicos Españois para a Arquitectura Contemporánea) o que se reflicte no racionalismo da súa obra. Representou en Galicia o inicio do movemento moderno, que introduciu as correntes de vangarda europeas. Militou no Partido Galeguista. Empezou a exercer a profesión na Cámara da Propiedade Urbana da Coruña, pero o seu traballo viuse frustrado co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Fusilado o seu pai, Rogelio Caridad, en 1936, incorporouse cos seus irmáns ao bando republicano. Ao remate da guerra fuxiu a Francia e alí estivo prisioneiro no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 13 de xuño de 1939 a bordo do buque Sinaia cos seus irmáns Rogelio, Vicente e Carlos. En México volveu exercer a arquitectura. Desenvolveu actividades vinculadas coa emigración galega e foi editor da revista Saudade e director de Vieiros.
Obra
[editar | editar a fonte]As obras máis importantes que realizou en Galicia foron a reforma da xoiería Malde (Santiago de Compostela, 1934), coa que se iniciou o debate sobre a intervención no patrimonio arquitectónico, a casa Caramés (Perillo,[2] 1937) e a Casa Morán[1] (edificio de vivendas da rúa Emilia Pardo Bazán, número 6, na Coruña, 1938). Estas obras caracterízanse pola limpeza e racionalidade dos cuartos e dos elementos engadidos. En Cidade de México realizou traballos en colaboración co arquitecto Félix Candela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Aporte del exilio español a la arquitectura mexicana". COAG. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "El Docomomo oleirense". La Opinión de A Coruña (en castelán). 7 de outubro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Caridad Mateo, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.