Saltar ao contido

José Bouchet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Bouchet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor en Wikidata
Xanza, España Editar o valor en Wikidata
Morte1919 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

José Bouchet Blanco, nado en Xanza, Valga, o 19 de marzo[1] ou 19 de abril[2][3] de 1848[4][5] ou 1852[1][2][3][6] (segundo as fontes) e finado en Buenos Aires o 6 de marzo[1][2] ou 16 de marzo[4] ou 6 de abril[3] de 1919, foi un pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dunha galega e un francés que caera prisioneiro na Batalla de Ponte Sampaio (1809), José emigrou cos pais á Arxentina sendo neno e alí foi discípulo do uruguaio Juan Manuel Blanes.[4]

En 1875 nacionalizouse arxentino, para optar a unha bolsa do goberno, que lle permitiu estudar en Florencia, Italia, con Antonio Ciseri. Viaxou a Francia, España, Cuba, México, Porto Rico, Estados Unidos de América e Chile. De volta na Arxentina, foi membro da sociedade de artistas La colmena e do Centro Gallego de Buenos Aires. Moitas das súas obras apareceron publicadas en varias edicións do Almanaque Gallego, dende o ano 1897[7] ata 1917.

Entre as súas obras destacan: La llegada de las caravelas a San Salvador, Tropas en el Chaco, La primera misa-fundación de Buenos Aires por D. Juan de Garay, El ejército de los Andes saliendo del Plumerillo, El fusilamiento de Liniers, La batalla de Salta, Un gaucho, Un "connaisseur" e varios retratos, como o do xeneral Belgrano, Juárez Celman, Capdevilla, a señora Lavalle, Campos, Uriquiza e, especialmente, o de Rosalía Castro de Murguía, feito para os actos que se celebraron na súa honra en Buenos Aires en 1897.[1]

Teñen pinturas de Bouchet, entre outras institucións, a Deputación da Coruña, o Museo Histórico Nacional da Arxentina, o Museo Nacional de Bellas Artes da Argentina ou o Museo Municipal de Bellas Artes Juan B. Castagnino de Rosario, e tamén diversas coleccións privadas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Bouchet Blanco, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Bouchet Blanco, Xosé". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 489. ISBN 84-7680-288-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Bouchet Blanco, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 129. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fernández García, Ana María (1997). Arte y emigración: la pintura española en Buenos Aires, 1880-1930. Universidad de Oviedo. p. 230-231. ISBN 84-7468-929-5.Ana Mar�a&rft.aulast=Fernández Garc�a&rft.btitle=Arte y emigración: la pintura española en Buenos Aires, 1880-1930&rft.date=1997&rft.genre=book&rft.isbn=84-7468-929-5&rft.pages=230-231&rft.pub=Universidad de Oviedo&rft_id=https://books.google.es/books?id=gl-bJH8z7koC&lpg=PA230&ots=9xEB6XZqz5&dq=Jos%C3%A9%20Bouchet%20Blanco&hl=es&pg=PA230#v=onepage&q=Jos%C3%A9%20Bouchet%20Blanco&f=false&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  5. 5,0 5,1 Museo Nacional de Bellas Artes da Argentina
  6. "Bouchet Blanco, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 10. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 60. ISBN 84-7680-429-6. 
  7. Almanaque Gallego para 1898
  8. Á Rosalía Castro, en el duodécimo aniversario de su muerte, los gallegos residentes en la República Argentina, 1897.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Couselo Bouzas, José (1950). La pintura gallega. A Coruña: Porto y Cía. Editores.José&rft.aulast=Couselo Bouzas&rft.btitle=La pintura gallega&rft.date=1950&rft.genre=book&rft.place=A Coruña&rft.pub=Porto y C�a. Editores&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]